Martes. 05.11.2024
El tiempo

Veteranos: 5 equipos mantéñense vivos entre Copa e Fase Final Galega

Só o San Román se mantén vivo nas dúas competición

O San Román é o único equipo vivo en dúas competicións
Veteranos: 5 equipos mantéñense vivos entre Copa e Fase Final Galega

Veteranos: 5 equipos mantéñense vivos entre Copa e Fase Final Galega

San Román - Porteño e San Lorenzo - Ponteceso. Estas son as semifinais da Copa da Costa de Veteranos (como podedes ver sempre actualizada en www.copadacosta.com), despois dos apretados partidos de volta de Cuartos.

O San Román volveu gañar, tralo 4-0 da ida, ao Coristanco. O Nantón empúxose neste partido de volta por dous 2-1 ao Porteño, pero o 4-0 da ida na Grixa deixan ao Porteño, actual campión de Copa, en semis onde se enforntará a todo un San Román que quedou 2º na Division de Honor

Unha das eliminatorias mais igualadas que se daban en cuartos era este partido San Lorenzo – Soneira, que no partido de ida xogado no Municipal de Vimianzo o Soneira gañou por 3-2 deixando a eliminatoria no aire. Parecía que ía ser un partidazo o domingo no campo dAs Pedreiras, e así foi cun rotundo 4-1 para os de Verdillo, que mete aos carballeses en semis. En fronte terán ao Ponteceso, despois de eliminar ao Mazaricos. Tralo empate da ida no Pino do Val, o Ponteceso fixo ante a súa afección un gran partido terminando o mesmo co resultado de 3 goles a 1 que os coloca en semis.

O San Román é pois o único equipo que se mantén nas dúas competicións aínda vixentes pois o sábado disputa a Fase Final do Campionato Galego. O domingo ás 10:00h toca semis ante o Porteño, e ás 10:30h o choque nas Pedreiras entre San Lorenzo e Ponteceso.

Fase final do Campionato Galego de Veteranos

Dous equipos da Costa da Morte, o Sp. Zas, como campión de liga na División de Honra, e o San Román como subcampión, disputarán esta competición, polo sistema de eliminatoria a un só encontro. O formato de cambios “volantes” limitarase neste Campeonato Galego a 3 sustitucións por equipo nos últimos 10 minutos do partido que previamente avisa o árbitro. En caso de empate finalizado un partido se ira directamente a penaltis.

Estes son os cruces de Oitavos de final, que teredes tamén actualizados en www.copadacosta.com.

Copa da Costa 2019 - Fase Galega Veteranos

Novas relacionadas

Comentarios