Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volve un ano máis o Torneo de Fútbol da Mostra de Olería

Torneo Futbol Mostra Oleria
Volve un ano máis o Torneo de Fútbol da Mostra de Olería

Este domingo 7 de agosto volverá o fútbol a Xaviña da man do Torneo de Fútbol da Mostra de Olería, organizado pola Concellería de Turismo e Festexos e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Malpica. No marco da Mostra, o evento comezará ás 11.00 horas co encontro entre o UD Cerqueda- UD Xuvenil de Almeiras (fútbol feminino) e pola tarde a partir das 16.30 hora disputaranse tres partidos entre equipos locais.
Ás 16.30 comezarán os encontros Buño SCD-Sporting Seaia CF, Buño SCD-UD Cerqueda e UD Cerqueda-Sporting Seaia Cf. Bótase de menos a un SCD Malpica que está intentando xuntar xente para afrontar a campaña.
Ao finalizar o evento entregaranse os trofeos elaborados polo oleiro Antonio Pereira, O Rulo.

Comentarios