Luns. 06.05.2024
El tiempo

Un Xallas-Dumbría masculino e un Dumbría-Cee feminino para unha xornada marcada polo parón arbitral

Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria
Imaxe do Cee-Dumbría feminino da primeira volta-Foto-Vet Dumbria
Un Xallas-Dumbría masculino e un Dumbría-Cee feminino para unha xornada marcada polo parón arbitral

Xa analizamos a parada dos árbitros costeiros, que provoca que esta xornada ao completo sexa arbitrada por colexiados herculinos-.

Unha xornada que vén marcada a xornada por dous partidos: o Xallas-Dumbría da 1ª Galicia para a tarde dominical en Fontenla; e o Dumbría-Cee da 2ª Feminina para o sábado, en Fontenla.

O masculino é un choque importante ao que os dous conxuntos chegan, coa frecha para arriba, cun só punto de diferencia loitando por un posto na promoción de ascenso.

Semellante situación na 2ª Feminina, con dous equipos metidos na pomada.

Ademais, a Liga da Costa tamén vivirá algún choque fermoso como o Cabana-Muxía.

Pero o ollo terémolo en Lombáns. Se o Porteño gaña ao Lira e o Buño non faña en Camelle, o cadro da Ponte será maticamente novo equipo da Liga da Costa. Ademais, o Baíñas poderá dar un salto case definitivo para ratificar o seu ascenso directo se vence ao Zas en casa.

As táboas e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios