Onde están os árbitros costeiros?

09:55 03/03/23
Nova xornada do Fútbol da Costa marcada por outro parón dos colexiados costeiros. Mes e pico despois do primeiro parón provocado pola dimisión forzada do subdelegado arbitral, e tras un tempo de negociacións inftrutuosas, o colectivo arbitral da Costa da Morte volve parar. Despois da parada de xaneiro, estiveron pitando con relativa normalidade pero semella que aconteceron cousas que cambiaron o escenario.
Así, dende a Liga da Costa, pasando pola 3ª Galicia, e as ligas de Xuvenís, Cadetes, Infantís e mesmo o F8 terán que ser arbitradas por colexiados herculinos.
Veremos que acontece estes días e se hai algún tipo de aclaración por parte da Federación.