Xuvenís: Collendo posicións
Terceira xornada de Liga e só o Seaia suma partidos por vitorias. Un Seaia que estrea categoría, con xogadores de primeiro ano e ningunha presión máis que disfrutar, que polo de agora non se enfrontou aos pesos pesados da categoría. Pola parte alta comezan a colocars o Soneira, tras endosar unha goleada (excesiva tralo visto no campo) aos Miúdos, ou o Xallas, que este ano pinta moi ben. O Cabana e o Outes descansaban (o primeiro polo calendario e o segundo porque o Malpica non dou xuntando xente a última hora) pero parece que tamén estarán aí, pois levan 2 de 2.
Esteirana - Sofán (1-2)
- Esteirana: Tajes, Rodri, Kevin, Priegue, Carlos, Teijo, Juan, Javi, Óscar, Rubio, Álvaro. Tamén xogaron: Koke, Manel, Núñez e Alex.
- Sofán: Borja, Alex, Simón, Esteban, Lucas, Diego (Cristian, m.55), Mateo, Nachete, Kevin (Alex Pereiro, m.46), Aarón (Adrián, m.78), Raúl (José, m.75).
- Goles: 0-1, m.15: Nachete; 1-1, m.24: Álvaro Farinós cun gran disparo desde a frontal; 1-2, m.31: Kevin tras unha boa combinacion de Aaron, Raúl e Nachete ó borde da área.
Partido moi igualado o vivido no Xosé Luís Vara. O cadro visitante anulou perfectamente o xovo polas bandas dos blaugranas, que dominaban territorialmente pero con poucas ocasións. Os de Nando metíanse por diante a balón parado, e un minuto os de Gustavo fallaban un penalti. Pero non desistiron os locais e Álvaro empataba.
O partido seguía de lado a lado, e tras un roubo, o Sofán realizaba unha transición rápida para que Kevin marcase o segundo á media hora.
Na segunda parte seguía dominando o cadro local, e mesmo Rubio e Álvaro tiveron ocasións para acadar un empate que podería ter sido máis xusto. Tamén o Sofán sacaba perigosas contras, pero o marcador non se movería.
Xallas - Corme (3-2)
11 do Xallas
- Goles: 0-1, m.2: Hugo; 1-1, m.20: Rubén; 1-2, m.38: MIguel; 2-2,m .70: Fabián; 3-2, m.75: Christian.
Partido moi igualado con alternativas nas dúas áreas empezou o Corme adiantándose no marcador nos primeiros minutos sorprendendo a zaga do equipo de Rupper. O Xallas lograría igualar o tanteo pero antes do descanso un mal despexe do porteiro local Fabián deixaba o balón ao cormelán Hugo que adiantaba os seus de novo.
Nunha segunda parte máis seria, o Xallas conseguiría darlle a volta o resultado cun gol de Amarelle e o terceiro de Christian de penalti. Antes o Corme tivera unha boa ocasión para marcar o terceiro nos pés de Miguel, e no treito final, cun home máis por expulsión por dobre amarela de Amarelle, gozou de dúas boas ocasións para devolver o empate ó marcador.
Coristanco - Ponteceso (1-2)
11 do Ponteceso
- Coristanco: Samuel, Rubén Canto, Chepas, Miguel Deus, Rubén Álvarez, Joel, Fabián, Alex Nogareda, Adri Alvarellos, Diego, Rubén Camafreita. Tamén xogou: Antonio e Jonathan.
- Ponteceso:
- Goles: 0-1, m.2: Raúl; 0-2, m.36: Eloy; 1-2, m.48: Rubén Camafreita.
Partido moi apretado na Rocheira, cun Coristanto que mellorou moito a imaxe ofrecida nas primeiras xornadas e que competiu moi ben, a pesar das baxias cas que conta Cristian. O choque comezaba co gol inicial de Raúl para os de Lilo e Luca, nuns primeiros 20 min do partido o club visitante chegaba constantemente a portería do Coristanco. Ao ecuador da primeira metade chegaria o segundo gol por medio de Eloy, e puido caer algún máis de non ser pola boa actuación do meta Samuel.
Saíron os verdes moito máis enchugados na segunda, e Rubén Camafreita recurtaba distancias. Apretaron os dentes durante todo o segundo tempo, e ocasións houbo tanto para o empate como para o terceiro dos visitantes.
Seaia - Camariñas (7-0)
- Seaia: Mario, Anxo, Pablo, Joel, Samuel, Hugo, Mario, Cristian, Luis, Javi, Raúl. Tamén xogaron: Moscoso, Fabián, Román, Rubén e Pereira.
- Goles: Luís (3), Anxo, Hugo, Rubén e Javi.
Dominalo de principio a fin dun Seaia de Esmorís que mira dende o alto ao resto dos seus rivais pero coa tranquilidade de saber que son case todos xogadores de primeiro ano e que non hai obxctivos. O Camariñas de Faus seguro que terá problemas de efectivos neste longo ano.
Soneira - Os Miúdos (6-1)
- Soneira: Joel; Dami, Chasko, Jorge, Rauliño, Pablo, Nico, Hugo, Brais, Fran e Sergio. Tamén xogaron: Antonio e Manuel.
- Os Miúdos: Alberto, Vara, Fran, Diego, Alons; Ángel, Isma, Pablo, Álex, Jesús; e Yago. Tamén xogaron: Diego, Ramón, Quin e Álvaro.
- Goles: 0-1, m.49: Jesús; 1-1, m.60: Brais; 2-1, m.68: Fran; 3-1, m.71: Fran; 4-1, m.75: Nico; 5-1, m.86: Brais; 6-1, m.89: Brais.
O Soneira tivo que sufrir máis do que di o resultado. A primeira parte foi bastante frouxa de par a par, un Soneira moi impreciso con balón e os muradáns que se defendían e buscaban balóns longos sen crear perigo, aínda así o Soneira contaría cun man a man de Fran que lle sacaría o meta visitante, ao igual que unha boa parada a Hugo sacando un bo pé abaixo, e un cabezazo de Jorge que se vai alto por pouco.
Na segunda parte na única chegada en todo partido dos Miúdos un fallo garrafal da defensa soneirán e o meta local permite os muradáns adiantarse no marcador cun tanto de Jesús. Pero os de Mané foron sufrindo o desgaste físico, e o espertar do Soneira fixo que en media hora lle endosasen un set aos muradáns con 3 goles de Brais, 2 de Fran Moreira e 1 de Nico.
Zas - Cee (6-1)
11 do Zas
- Zas: Adrián, Xavi, Isaac, Manu Pose, Eloy, Alex García, Damián, Martín, Brais, Marcos, Darío. Tamén: Roberto, Pablo, Anibal, Gabri, Hugo Fraga.
- Cee: Xacobe, Fran, Adrián Mere, Brais Rey, Iago Muíño, Pablo Rey, Isaac, Elihu, Alex Castro, Nico e Íker. Tamén: Adrián Vilar, Oreiro e Iago.
- Goles: Darío (3), Martín, Brais e Aníbal para Zas. Íker para o Cee.
Dominio zaseiro, pero co 3-0, a expulsión dun xogador ceense fíxolles reaccionar, mesmo mandando un balón ao pau. Pero na xogada seguinte, marcou o cuarto o cadro local case que sentenciando, aínda que o Cee marcaba no último suspiro da primeira metade deixando un halo de esperanza.
Na segunda entrou o Cee máis enchufado ante un Zas máis relaxado, pero Adrián estivo ben mantendo a diferencia e o equipo local puido sentenciar.