Xuvenís e Infantís xa teñen finais polo título

Completouse a xornada desta primeira fin de semana de abril no Fútbol da Costa. Sen Liga da Costa, o resto de competicións si desputaron interesantes disputas. Como as vividas na volta das semifinais das Eliminatorias polo título (e Previa ás Fases de Ascenso ás Ligas Galegas) de Xuvenís e Infantís. Estes foron os resultados:
- Xuvenís:
- Esteirana - Cabana (1-2) (0-2 na ida para o Cabana).
- Sofán - Cee (4-0) (1-0 na ida para o Sofán). - Infantís:
- Xallas - Cee (7-2) (3-0 na ida para o Xallas).
- Outes - Vimianzo (4-0); (3-1 na ida para o Outes).
Polo demais, o máis destacado case foron os dous empates nos choques directos na Fase de Ascenso da 3º Galicia. Corcubión e Xallas e Porteño e Oza selaron táboas e deixaron todo como está.
Máis arriba, na 3ª RFEF, o Sofán non podía cun dos de arriba e non sae do posto de pechacancelas.
Mala xornada na Preferente, con derrota do Fisterra en Sarria e do Xallas en Boiro.
Houbo de todo na 1ª. Na Fase de Ascenso vitoria do Baio en Rianxo e derrota do Mazaricos en Padrón. Na permanencia, vitoria do Soneira, empates do Ponteceso e Dumbría e derrotas do Volantes e Corme.