Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Xuvenís: Outes e Soneira non decaen, pero o pincha o Seaia

Imaxe do choque etre Corme e Seaia-Foto-Fin Lema
Imaxe do choque etre Corme e Seaia-Foto-Fin Lema
Xuvenís: Outes e Soneira non decaen, pero o pincha o Seaia

Manda o Outes, con 6 de 6, na táboa de Xuvenís, só perseguido xa polo Soneira, despis de que o Seaia sufrise a súa primeira derrota ante un Corme que vén de menos a máis.

 

Os Miúdos - Xallas (4-3)

  • Os Miúdos: Alberto, Vara, Fran, Diego, Javi; Ángel, Pablo; Álex, Jesús, Isma e Alonso. Tamén: Álvaro, Lucas, Yago, Raúl e Santi.
  • Xallas: Fabián; Calo, Nando, Vila, Brais (Pablo); Christian, Dani (Kevin), Amarelle, García, Espasandín; Rubén.
  • Goles: 0-1: Amarelle; 1-1: Isma de penalti; (descanso); 1-2: Rubén; 2-2: Alonso; 3-2: Jesús; 4-2: Isma de penalti; 4-3: Victor Espasandín.

Partido moi competido, con alternancia no marcador cun Xallas moi forte, ante un cadro muradán algo máis miúdo. O Xallas fixo un bo partido arriba, e se colocou ata en dúa veces por diante, pero Os Miúdos non se deron por vencidos en ningún momento, e conseguiron empatar primeiro e darlle a volta ao marcador na segunda metade. Isma, clave no 1 con 1 provocou dous penaltis, que transformou el mesmo. O Xallasapretou no treito final colocándose 4-3 pero non lle deu tempo a empatar.
Sumou así a teceira vitoria consecutiva o cadro de Mané Senande, mentres o Xallas de Rupper sumou o seu terceiro partido sengañar.

 

Malpica - Ponteceso (2-3)

11 do Malpica xuvenil-Foto-Fede

  • Malpica: Iker, David, Alejandro, Juan Abelenda, Souto, Ramos, Renzo, Amarelle, Alejandro G., Costin e Edu. Tamén xogaron: Eric, Iván e Cristian.

11 do Ponteceso en Malpica

  • Ponteceso: Adrián Ordóñez; Borja, Adrián Lema, Roberto, Martín; Raúl, Marco, Pablo; Eloy, Isaac, Iván. Tamén xogaron: Carlos Suárez (Champi), Lucas, Victor, Carlos Márquez, David.
  • Goles: 1-0, m.44: Costin tras un xogadón de Juan Abelenda; (descanso); 1-1, m.60: David Castro; 2-1, m.70: Costin; 2-2, m.90: David Castro de falta; 2-3, m.94: Champi remata unha xogada pelexada por Lucas.

Capis do Ponteceso e Malpica Xuvenil co colexiado-Foto-Fede
Capis do Ponteceso e Malpica Xuvenil co colexiado-Foto-Fede

Fermoso partido o de Pedra Queimada, con dominio alterno e unhaboa arbitraxe. Os dous equipos empegáronse a fondo cunha deportividade exquisita por todas as partes: público (sobre 100 persoas), xogadores e compoñentes de ambos banquillos.

O Malpica empezaba máis incisivo, recuperando fácil e facendo dano. Pero tardaron en abrir o marcador os de Gurita, e fixérono ao fío do descanso cunha xogada maxistral de Juan Abelenda, que arrancou desde atrás e chegando a área contraria e deixándolle o coiro a Costin para que marcara o gol a pracer.

Xa na segunda, o Ponteceso conseguía ter máis o balón gracias ás saídas de David Castro e Champi, e pronto empataria o partido con un tiro raso do primeiro. Ese gol cambiouno todo o equipo pontecesán veuse arriba e xa quedando 20 minutos para o final, cando mellor estaban os visitantes, o Malpica colocábse de novo por diante.
Aguantou 15 minutos o Malpica o empuxe dos pontecesáns, pero xa case que co tempo cumplido Suárez empataba de falta directa e no 94, David Castro resolvería unha “meleé” na área local dándolle a vitoria aos de Lilo e Luca.

 Banquino do Ponteceso Xuvenil en Malpica
Banquiño do Ponteceso Xuvenil en Malpica​

Cabana - Esteirana (5-2)

  • Cabana: Roberto, Sergio (Brais), Cristian, David, Dani, Samuel (Juan), Javi (Íker), Castro, Raúl, Simón (Collazo), Rubén.
  • Esteirana: Tajes, Priegue, Rodri, Antón, Carlos de Nely, Teijo, Juan, Javi, Óscar, Rubio e Álvaro. Tamén xogaron: Núñez, Manel e Koke.
  • Goles: 1-0, m.10: Raúl; 1-1, m.20: Álvaro; 1-2, m.40: Rubio; 2-2, m.52: Raúl; 3-2, m.63: Rubén; 4-2, m.77: Cristian; 5-2, m.80: Raúl.

Comezou igualado o partido, con ocasións nas dúas áreas. Rubén e Castro avisaban para un Cabana que abría o marcador por medio de Rául. Pero de seguido a Esteirana tomaba o mando, e se colocou 1-2 con goles de Álvaro con xogada individual e un penalti marcado por Rubio, e puido meter algún máis, pero Roberto, o porteiro local estivo moi acertado.

Comezou forte o Cabana a segunda, presionando máis arriba, provocando perdas na saída do balón dos esteiráns, e baixando a posición de Raúl, e dándolle espazo arriba a Simón. En 10 minutos os cabaneses dáballe a volta ao marcador. Ese terceiro gol foi un mazazo para os esteiráns, e os dous finais foron excesivospara o visto no campo.

 

Cee - Coristanco (8-0)

  • Coristanco: Diego; Antonio Vila, Chepas, Alejandro Nogareda; Miguel, Rubén Camafreita, Fabián Souto, Rubén Álvarez, Adrián Alvarellos, Alejandro Casás e Rubén Canto.
  • Cee: Pablo (Xacobe), Fran (Merexo), Brais, Iago, Benlloch, Castro, Pablo Rey, Iago Muíño (Martín Rey), Nico, Íker (Martín Ruibal), Leo (Chila).
  • Goles: Iago Muíño (2), Íker (3), Chila e Martín Rey (2).

Non tivo moita historia o partido, cun Coristanco que chegaba con apenas 12 xogadores (1 cadete entre eles) aos que pouco lle duraron os folgos no enorme campo do San Paio de Refoxos. A primeira metade foi a ritmo baixo, e os coristanqueses aguantaron, a pesar do gol inicial de Iago Muíño. Diego (xogador de campo que se coloca baixo paus do Coristanco ante as continuas baixas) parou un penalti e só no desconto Iago Muíño facía o segundo.

Quedaba con 10 sobre o campo o cadro visitante pola lesión de Alejandro Casás e xa foron caendo os goles.

 

Sofán - Outes (1-5)

outes xuvenil no Carral
O Outes mantense firme no liderato tras vencer no Carral

  • Sofán: Borja, Álex Vázquez, Simón, Esteban Mariño, Lucas, Cristian, Aarón, Mateo, Raúl, Nachete e Joni. Tamén: Brais, Diego, Adrián, Alex Pereiro e Kevin.
  • Outes: Ángel, Xavi (Iván Tuñas, m.87), Nico, Estefan, Iván Capelo, Jandro (Martín, m.82), Sanchño, Fran Lires (Fabio, m.61), Kevin (Siso, m.75) e Roberto (Ángel, m.75).
  • Goles: 0-1, m.15: Iván Capelo de cabeza; 0-2, m.30: Roberto despois dunha gran xogada pola esquerda e centro de Xavi; 0-3, m.37: Fran Lires despois dun pase en longo de Xavi; 0-4, m.46; Roberto despois de regatear a dous defensores e o porteiro; 0-5, m.70: Kevin; 1-6, m.71: Joni.

Partido solventando na primeira metade por un Outes que saíu como un vendabal, e xa avisaron cunha doble ocasión, un tiro ao pau, e un erro de Fran Lires a porta baleira no rexeite. Pero pronto caería os primeiros goles, indo 3-0 ao descanso. Á volta sentenciaban os da Serra.

 

Corme - Seaia (6-0)

  • Corme: Adri, Martín (Gabri), Noel, Manu (Luís), Antonio (Cotelo), Ángel, Mauro, Javi, Hugo, Alex (Xoel), Miguel (Rubén).
  • Seaia: Mario, Anxo, Adrián, Samuel, Joel, Mario Pose, Becerra, Raúl, Luísmi, Pablo e Cristian. Tamén: Adrián Moscoso, Diego, Rubén Veres, Fabián e Román.
  • Goles: 1-0: Noel; 2-0: Javi; 3-0: Hugo; (descanso); 4-0:Javi; 5-0: Ángel; 6-0: Hugo.

Corme e Seaia no Cairo-Foto-Fin Lema
Corme e Seaia no Cairo-Foto-Fin Lema

Coincdiu o mellor partido deste Corme renovadísimo co peor dun Seaia que estivo moitas xornadas no lideato. O Corme saiu mandón, e xa á media hora ía 3-0. A partir de aí, e xa co cadro de Esmorís con 10 trala expulsión de Cristian, o resultado non fixo máis que medrar.

Corme-Seaia de Xuvenis-Foto-Fin LemaCorme e Seaia no Cairo-Foto-Fin Lema

Comentarios