Martes. 12.11.2019
El tiempo

Xuvenís: O Seaia non cede e o Corme e Cabana protagonizan un partidazo

Cuarta xornada da Liga Xuvenil e este noviño Seaia, cheo de rapaces de primeiro ano, non cede. E iso que tivo unha boa pedra de toque ante os “veteranos” do Sofán. Non cede tampouco o Soneira, nin o Outes, que venceu a un Cee que ten que ir a máis, sendo os 3 únicos equipos invictos. 4 equipos quedan aínda sen puntuar: Cee, Camariñas e Coristanco.

O Seaia venceu no Carral e segue líder
O Seaia venceu no Carral e segue líder
Xuvenís: O Seaia non cede e o Corme e Cabana protagonizan un partidazo

Xallas - Ponteceso (1-2)

  • Xallas: Fabián; Pablo, Mou, Brais, Vila; Kevin, Fidi, Iván, Victor; Christian e Rubi. Tamén: Iván, Nando, Brais García, Dani e Brais Calo.
  • Ponteceso: Lucas, Adrián Lema, Roberto, Martín, Arturo, Raúl, Pablo, Marco, Champi, Eloy, Iván. Tamén xogaron: Adrián, Isaac, Borja, Carlos Márquez, Víctor.
  • Goles: 0-1, m.9: Champi; 0-2, m.33: Iván; 1-2, m.77: Rubi.

Gran partido vivido en Castriz que comezou condicionado pola forza do vento, co Ponteceso a favor. Os de Lilo conseguían inclinar o campo cara a área xalleira, e ademais e estiveron máis atinados aproveitando as poucas ocasións que había. Champi abría pronto o marcador, e á media hora filtraba un balón para que Iván picase cunha fermosa vaselina para facer o segundo.

A segunda metade cambiou o conto, e o Xallas, co vento a favor, fíxose co mando do partido, estando sempre en campo pontecesán. Nunha desas xogadas chegaría o gol deles cunha boa xogada do seu dianteiro Rubi.

Ao final, unha parte para cada equipo onde o empate tería sido máis xusto, pero os puntos marcharon para Ponteceso. O choque saldouse con dúas lesións, Diego por bando pontecesán e Fidalgo do lado xalleiro, que mesmo tivo que ir en ambulancia á Rosaleda despois dun choque, queixándose das bonecas e con mareos.

 

Corme - Cabana (4-3)

  • Corme: Adrián, Miguel, Gabri, Martín Costa, Ángel, Hugo, Javi Bermúdez, Alex Mato, Noel, Manu Garrido e Iago Cotelo. Tamén: Antonio, Mario, Xoel, Borja e Yago Suñarez.
  • Cabana: Roberto, Yago (Sergio), Brais, Queiro (Juan), Dani, David, Pablo (Samuel), Javi (Collazo), Raúl, Simón, Rubén (Iker).
  • Goles: 1-0, m.6: Hugo; 1-1, m.25: David; 1-2, m.32: Raúl; 2-2, m.39: Martín Costa; 3-2, m.42: Ángel de penalti; 3-3, m.53: Simón de penalti; 4-3, m.92: Yago Suárez.

Cabana-Corme Xuvenil-Foto-SD 1
Cabana-Corme Xuvenil-Foto-SD 

Partidazo no Cairo, tremendamente igualado, con alternativas no xogo e no marcador, onde os dous equipos puideron levar o partido e mesmo puido acabar en empate. O acerto dos cormeláns foi clave, sobre todo no treito final de ambas partes.

O choque comezaba con varias chegadas cabanesas, pero Rubén e Brais non acertaban ante Adrián. Si o fixo Hugo pouco despois para adiantar aos cormeláns. David e Raúl, que tivo varias ocasións, dábanlle a volta ao marcador á media hora, pero antes do descanso, Martín Costa e Ángel devolvían o mando para os locais. Na segunda, tralo empate de Simón, o partido parecía decidido ao empate, pero un tanto no desconto deixou os puntos na casa. Ademais de non levar puntos, si que leva 2 lesionados Fernando para casa, Iago e Pablo Villar.

 Cabana-Corme Xuvenil-Foto-SD 2Cabana-Corme Xuvenil-Foto-SD 

 

Malpica - Soneira (0-10)

Malpica xuvenil
11 do Malpica-Foto-Fede

  • Malpica: Alejandro, Renzo, Souto, Juan Ramos, Muñiz, Cristian, Alejandro O. (Iván Carril, m.82), Costin, Jose e Alejandro G.
  • Soneira: Joel; Antonio, Manu, Jorge, Rauliño, Dylan, Nico, Hugo, Brais, Fran e Dami. Tamén xogaron: Richi e Santi.
  • Goles: Brais (4), Fran Moreira (2), Rauliño (2), Damián, Santi.

Partido de pouca historia o que se vio na Pedra Queimada en Malpica, cun Soneira moi superior ante un Malpica que se viu obrigado a poñer ao xogador de campo Alejandro baixo paus, pois Íker era baixa. No primeiro tempo o cadro soneirán xa endosara un set e na segunda completou a goleada.

 

Os Miúdos - Coristanco (8-1)

  • Os Miúdos: Alberto, Vara, Fran, Diego, Quin; Ángel, Javi; Alonso, Alex, Jesús; Isma. Tamén: Álvaro, Pablo, Raúl, Santi, Yago.
  • Coristanco: Diego García, Álvarez, Chepas, Joel; Miguel, Camafreita, Souto, Nogareda, Canto; Adrián e Casas.
  • Goles: Isma (4), Alonso (2), Ángel e Jesús polos Miúdos. Alejandro Casas polo Coristanco.

Partido no que o cadro de Cristian comezaba gañando 0-1, aproveitando os erros dos locais, que tardaron en colocarse. Pero tras fallar un penalti, o cadro de Mané Senande activouse, comezou a tocar e a entrar por banda e acabou goleando.

 

Cee - Outes (0-6)

Outes xuv
11 do Outes no San Paio de Refoxos

  • Cee: Pablo, Fran, Rodri, Isaac (Iago Trillo, m.46), Brais, Leo (Elihu, m.70), Martín Rey, Iago Muiño (Pablo Rey, m.46), Alex Castro, Iker, Chila.
  • Outes: Ángel, Rubén, Xavi, Nico, Perol, Sanchiño, Álex (Ángel, m.58), Fabio (Estefan, m.63), Roberto (Siso, m.66), Kevin (Isma, m.72) e Fran Lires (Martín, m.76).
  • Goles: 0-1, m.30: Perol de penalti; 0-2, m.35: Roberto de gol olímpico; 0-2, m.38: Fabio; 0-4, m.40: Kevin; 0-5, m.75: Fran Lires; 0-6, m.85: Rubén.

Aguantou o Cee media hora nun choque se mantiña con dominio visitante pero sen ocasións, pero un gol dende os 11 metros rompía a igualada e descompuña ao cadro local que recibía outros3 tantos en apenas 10 minutos antes do descanso.

Na segunda, pouco que contar, o Cee foi quedando sen xogadores e o partido tivo que rematar 5 minutos antes de tempo.

Un Cee que da man de Riki seguro que recupera o bo ton, porque equipo hai.

 

Camariñas - Zas (0-2)

Camarinas Xuvenil
11 do Camariñas de Faus

  • Camariñas: Sergio, Nando, Germán, Jairo, Arraf, Eric, Dylan, Lucas,Fabio, Keko e Ibrahim. Tamen xogou: Luís.
  • Zas: Adrián Pereiras, García, Róber, Xabi, Manu Pose, Marcos, Hugo Fraga, Brais, Darío, Damián e Anibal. Tamén xogaron: Mario, Pablo, Gabriel, Eloy.
  • Goles: 0-1, m.43: Darío dende a frontal; 0-2, m.76: Mario a un rexeite de Xabi.

Bastante mellor o Camariñas que outros días, competindo co Zas, a pesar de contar Faus apenas con só 12 xogadores e sumar unha nova lesión, a de Nando.
Empezou o partido un pouco condicionado polo vento, con dominio zaseiro pero sen precisión, ante un cadro local ben armado atrás. Aníbal e Damián non podían co meta camariñán Sergio, un dos mellors do partido. Foi ao fío do descanso cando Darío rompía a igualada cun tiro dende a frontal pegado ao pau.

Na segunda o Camariñas estirouse e lanzaba algunha contra perigosa, tendo a mellor ocasión para acadar o empate nun man a man de Lucas que salvou o porteiro zaseiro. Chegou aí a lesión de Nando e quedou con 10 o cadro azul, co que o Zas conseguía volver a dominar e Mario acababa sentenciando.

 

Sofán - Seaia (0-3)

  • Goles: 0-1, m.16: Raúl; 0-2, m.35: Raúl; 0-3, m.39: Luís.

Seaia Xuvenil
11 do Seaia animando a Hugo

Na primeira media fixo moi dano o Sofán, con fútbol directo e moita fortaleza, mesmo con saques de banda, facendo que o meta visitante Mario se convertise no mellor do partido, mesmo parando dous penaltis. Pouco a pouco o Seaia foise asentando no partido, e chegando á meta de Brais.

Rondando o cuarto de hora de xogo Raúl facía o primeiro, repetía antes do descanso, e Luís facía o terceiro, levando unha vantaxe excesiva para o visto sobre o campo, e case que sentenciando o choque.

Na segunda metade non sufriu tanto o cadro de Esmorís, pero fortaleza e veteranía dos carballeses era unha boa pedra de toque para este novo líder, un equipo cheo de chavales de primeiro ano, que lle dedica a vitoria a Hugo, lesionado.

 Sofan-Seaia de xuvenis

Crónicas dos Xuvenís

As táboas de resultados e clasificacións sempre en www.futboldacosta.com

Comentarios