Xuvenís: Soneira, Outes e Cabana aproveitan os paróns

Xallas - Coristanco (1-0)
- Xallas: Fabi; Mou, Medo, Nando, Rabe; Fidi, García, Christian, Kevin; Vito e Brais. Tamén xogaron: Pablo, Espasandín, Fran, Álex e Vila.
- Coristanco: Alex Bértoa, Canto, "Chema", Miguel, Cives, Fabián, Joel, Cambón, Adrián, Brais e Pipa. Tamén Álvarez, Nogareda, Camafreita, Antonio e Raúl Pose.
- Gol: 1-0, m.35: Vito.
Dous equipos diferentes enfrontáronse na Rocheira, cun Xallas dominador e un Coristanco que se armou moi ben atrás e buscaba algunha contra. O cadro local tocaba e tocaba, e mesmo creaba bastantes ocasións, pero un espectacular Álex Bértoa as desbarataba todas. O Coristanco traballou incansablemente para tapar os ataques xalleiros e só Vito puido abrir a tea de araña coristanquesa. Non cambiou a idea na segunda metade e choque estivo aberto ata o final, pois o Xallas non acabou de sentenciar.
Ponteceso - Soneira (0-3)
- Goles: 0-1, m.40: Jorge; 0-2, m.70: Fran Moreira; 0-3, m.89: Fran Moreira.
Bo partido do Soneira fronte a un Ponteceso que non demostrou o seu potencial, e se viu superado polo líder. Así e todo os visitantes entraron algo relaxados e espertaron despois dun par de fogonazos dos pontecesáns, sobre todo un man a man de Iván. Subíu marchas aí o equipo de Pichón, facendo varias e claras ocasións, ata que Jorge abría o marcador rematando unha falta botada por Brais
Na segunda parte o Soneira empezaba a transitar moito máis rapido e cun bo xogo combinativo e Sergio tras unha boa xogada combinativa non acertaría no man a man, e volverían a ter numerosas ocasións para sentenciar ata que Fran Moreira mataría o encontro con dous bos tantos.
Outes - Os Miúdos (3-1)
- Outes: Angel, Xavi, Jandro, Perol, Nico, Estefan, Sanchiño, Iván Capelo, Josiño, Fran Lires e Kevin. Tamén xogaron: Roberto, Siso, Aarón, Mariño e Rubén.
- Os Miúdos: Alberto; Santi, Alonso, Diego, Vara; Ángel, Javi; Jesús, Álex, Isma e Pablo.
- Goles: 1-0, m.12: Kevin; 1-1, m.18: Ángel; 2-1, m.84: Siso; 3-1, m.90: Roberto.
Partido moi reñido, que se decantou nos últimos segundos con dous tantos dos locais. O choque comezaba con ocasións nas dúas áreas e así aos 20 minutos xa marcara un tanto cada equipo. O segundo treito da primeira metade foi de xogo no medio campo, sen apenas chegadas.
Na segunda, o Outes seguía dominando territorialmente, pero o cadro muradán, algo frouxo de efectivos polas baixas, se mantiña ben atrás pero ía perdendo forzas a medida que pasaban os minutos. Só contra o final os de Fernando conseguían abrir oco na tupida defensa dos de Mané Sendande, para marcar dous tantos nos últimos 5 minutos de partido e ficar con 3 que os manteñen na pelexa polo título.
Cabana - Sofán (4-2)
- Cabana: Roberto (Manuel), Javi, Iago (Brais), Queiro, Dani, David, Pablo (Cristian), Raúl (Collazo), Castro, Simón (Samuel) e Rubén.
- Sofán: Borja (Brais, m.66), Alex (Lucas, m.56), Adrián, Esteban, Simón, Diego (Cristian Lema, m.56), Raúl (Novi, m.66), Nachete (Pere, m.66), Rial, Kevin e Aarón.
- Goles: 1-0, m.23: Rubén a pase de Roberto; 2-0, m.35: Pablo; 2-1, m.38: Nachete de penalti; 3-1, m.72: en propia; 4-1, m.84: Brais; 4-2, m.90: Rial.
Partindo tenso nas Redondas, cun Cabana que facía dano cos saques longos do meta Roberto, e un Sofán que buscaban aos puntas. A primeira parte foi moi igualada, e se o Sofán desaproveitaba un par de ocasións, o Cabana aproveitou un erro de Borja para facer o 1-0, por medio de Rubén. Pouco despois dunha xogada por banda farían o 2-0, por medio de Pablo. Apenas dous minutos despois un penalti inocente sobre Aarón era materializado por Nachete para deixar o 2-1 ao descanso.
Na segunda parte o Cabana continuaba co peso do partido e máis cando o Sofán quedaba con 10 por lesion de Lucas, aínda con medio tempo por diante. Ainda así Nando non dubidou en adiantar lineas e co equipo moi aberto recibiriamos o 3-1 nunha contra, por medio de Castro coa axuda dun defensa. Co 3-1 no marcador o árbitro anularialle o 3-2 a Rial por unha dubidosa man. E xusto nese saque de falta aproveitaba o Cabana para facer o 4-1. O Sofán marcaría o segundo pero de pouco valería.
Seaia - Cee (2-1)
- Goles: 1-0, m.25: Luís; 1-1, m.44: Álex Castro; 2-1, m.80: Luís.
Partido moi igualado en Malpica, ao que chegaba Abraham co equipo en cadro. Aínda así competiron cun bo Seaia, que volveu facer un bo partido. Sen un dominador claro, o Seaia chegou algo máis á meta contraria, como un man a man de Luís, ou dous centros de Rubén que non atopan rematador. Por bando ceense Tomás e Chila tamén avisaban e mesmo pediron un posible penalti do meta local sobre Tomás. No ecuador do primeiro tempo chegaría o gol dos de Chols, aproveitando unha indecisión na saída do meta visitante tras un bo pase do meta local, Mario.
Pouco despois Pablo Oreiro salva o 2-0, e na última xogada antes do descanso empata o Cee… no cuarto rexeite.
Na segunda o Cee estivo algo mellor, pero nin Castro, nin Leo nin Tomás conseguiron superar a Mario. A mellor tíova o cadete Lojo pero foi de novo Luís o que facía o segundo para os de Chols, tras un roubo e pase de Cristian, xa no treito final do partido. Aínda tivo o Cee o empate, pero tras varios rexeites o balón pegou no pau.
O partido ficou marcado pola lesión do xogador ceense Pablo Rey, que tivo que ser desprazado en ambulancia por desprazamento de rótula.
Esteirana - Camariñas (14-1)
- Esteirana: Tajes, Rodri, Priegue, Antón, Carlos, Juan, Javi, Óscar, Núñez, Rubio, e Álvaro. Tamérn: Manel, Iván e Martín do Camarón.
- Camariñas: Joel, Eric, David, Lucas, Dylan, Thiam, Jairo, Fabio, Joel, Borja e Sergio. Tamén: Isra.
- Goles: Álvaro (5), Rubio (4), Priegue (2), Juan (2) e Antón, para a Esteirana; Lucas para a Esteirana.
Aguantou o Camariñas media hora, mesmo conseguindo empatar o gol inicial dos de Gustavo. Pero 3 goles no último cuarto de hora fixeron renderse a un Camariñas que continúa con problemas de efectivos.