Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Xallas supera ao Sofán

Xuvenis Sofan-Xallas_FotoLG
Imaxe do Xallas-Sofán. Foto-Luis González para a SD
Xuvenís: O Xallas supera ao Sofán

Fermoso partido o vivido no Municipal de Fontenla o pasado sábado entre os dous primeiros da 1ª Xuvenil. Chegaba o Sofán de Barca e Diego Viaño cun punto de vantaxe sobre o Xallas de Jota, pero os xalleiros conseguiron darlle a volta á clasificación tras un gran partido, que puido levar calquera.

Bo ambiente, a pesar do tempo, o vivido no campo, para ver un partido tremendamente igualado, moi táctico, con dous equipos que non querían cometer erros. Poucas chegadas na primeira metade, cun Xallas máis entonado, que soubo aproveitar o único despiste da defensa visitante para meterse por diante cun tanto de Manu Cuns.

Na segunda metade o Sofán deu un paso adiante, e sobre todo despois do m.70, cando os xalleiros quedaban cun home menos, foi un continuo bombeo de balóns sobre a área xalleira.

Pero a defensa dos de Jota conseguiu manter a porta a cero, dando boa conta das súas cifras, pois tras 12 xornadas, suma 43 goles a favor e só 5 en contra, polos 47 a favor e 9 en contra dos carballeses.

Táboa dos Xuvenís

Comentarios