Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Praia de Quenxe leva o Maratón Copa de FS de Cee

O Praia de Quenxe leva o Maratón Copa de FS de Cee

Esta pasada fin de semana tivo lugar no Pavillón de Cee unha cita con 25 anos de historia. Nada menos que a XXV edición da Copa-Maratón de Fútbol Sala Sénior do Concello de Cee. 19 equipos medían as súas forzas trala longa liga ceense nunha maratoniana xornada dende as 15:00h do sábado ata as 21:00h do domingo 6 de maio.

É toda unha desas experiencias completas, con partidos ata as 5:00h da mañá, algunha borracheiras incluída, pero co Deporte por riba de todo.

Finalmente foi o Praia de Quenxe o que levou o título da Copa, ao impoñerse na final ao Ferroatlántica por un apretado 2-1.
Os campións eliminaran con claridade ao Namasté Antoxos nas semis, mentres que os da fábrica puideron co campión da Liga, o Distribuciones Barral, por 1-3.

Repaso á Liga

Xa contamos como O Distribuciones Barral sentenciaba a Liga cun par de xornadas de antelación. Pero hoxe podemos facer repaso aos descensos fixos e mais aos máximos goleadores e porteiros menos goleados.

Xa saben que descenden Beach Party Carnota e Constucciones Insua e os seus postos serán ocupados por Restaurante Faina II e Cafetería A Romántica.

Pichichi é de novo Míchel (44 goles en 18 partidos), de Dist. Barral, que nun sprint final superou a Aitor (41 goles), do Praia de Quenxe. Tamén en 1ª o porteiro menos batido foi Alberto (41 goles encaixados), do campión, por diante de Rafa, do Praia de Quenxe.
Na División, o pichichi é Bruno (38 goles), de A Romántica, por diante de Ávaro (36) de Faina II. E Óscar, do Faina II foi o porteiro menos goleado con 34 goles encaixads polos 41 de Joselu, da Romántica.

Houbo outros premios singulares como o da Deportividade, que levo o propio cadro do Hotel-Restaurante Playa de Quenxe.

Novas relacionadas

Comentarios