Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Deixando escapar puntos

1ª Autonómica: Deixando escapar puntos
Fisterra celebrando un gol-Foto- Jorge Parri

7ª xornada e os nosos continúan na liña marcada. Se ben por arriba o Malpica e o Camariñas parece que van comodamente, Ponteceso e Fisterra non acaban de arrincar a pesar de protagonizar bos partidos. Ambos deixaron escapar 2 puntos nos últimos instantes e quedan en zona intranquila.

E haberá que estar atentos á próxima xornada, cun intenso derbi Fisterra-Camariñas en Ara Solis.

Ponteceso - Amio (2-2)

  • PONTECESO: Gerardo, Rubén, Alberto, Javi Peón, Dani, Tucho, Recarey, Bieito (Bolón, min.75), Nando (Puente, min.65), Canai, Toniño.
  • Goles: 1-0, min.25: Toniño picoulla ao poteiro a pase de Bieito; 2-0, min.55: Canai de penalti sobre el; 2-1, min.70; 2-2, min.84: de penalti.
  • Expulsión: o meta Gerardo no penalti no min.84.

Non é capaz o cadro pontecesán de pechar os partidos e xa varios os puntos que se escapan tras colocarse con clara vantaxe. Onte, ante o Amio, volveu acontecer. Os de Nacho colocábanse por diante, tras facer unha gran media hora inicial. Pero tralo gol de Toniño o equipo meteuse atrás e quedou a mercé do cadro visitante.

Aínda así a segunda metade comezaba co gol de Canai de penalti. Pero non soubo finiquitar o partido con 2-0 e deixou demasiado a iniciativa aos visitantes, que pouco a pouco foron pechando aos pontecesáns na súa área. Recurtaron cando faltaban 20 minutos e un penalti e expulsión de Gerardo a falta de 5 minutos permitiu que fixeran o xusto empate.

Camariñas - Bertamiráns B (2-1)

  • CAMARIÑAS: José Luis, Sergio, Manuel, Brais Mouzo, Julito, Paco, Moriño, Brais, Martín (Basti, min.70), De la Sierra, Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.55: De la Sierra tras unha xogada combinativa; 1-1, min.75; 2-1, min.89: Basti.

Vitoria que sabe a gloria en Camariñas por se acadada nos últimos intres. O partido comezaba frouxo, sen tensión, e a primeira metade foi para esquecer, con algunha que outra xogada combinativa pero pouca profundidade.

A segunda comezaba co gol de De la Sierra, que este ano está espectacular sendo unha das referencias ofensivas do cadro de Pepucho. O Bertamiráns, que ata o momento amosábase moi solvente atrás, estirou e empatou a falta de 20 minutos, pero aínda tiña arrestos o Camariñas para empurrar. Parecía que o partido marchaba cara o empate cando Basti, irmán de De la Sierra, nunha xogada de olfato, ainou un gol importante que deixa aos conserveiros nunha cómoda 9ª praza con 10 puntos.

Unión - Fisterra (1-1)

  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil, Sergio Manín, Borja Munitis (Robertín, min.46), Guardiola (Abel, min.88), Piti, Roco, Marco do Cabo (Cotte, min.56), Tata (Roberto, min.80), Roa (Bruno, min.56), Aitor.
  • Goles: 0-1, min.60: Aitor; 1-1, min.90: en propia meta.

Perdeu 2 puntos o Fisterra xa co tempo cumplido e cun gol en propia. Os de Juan Jesús volveron amosar un gran xogo, e fixeron un bo partido pero non conseguen saír dos postos de perigo. A primeira metade non tivo sobresaltos pero na segunda os fisterráns foron polo partido. Aitor asinou o seu 8º tanto e puido sentenciar. Pero deixou escapar as ocasións e xa co tempo cumplido un tanto de Roco en propia deixou o marcador nunhas inxustas táboas.

Estudiantil - Malpica (1-2)

  • MALPICA: Suso, David Castro, Juanjo Rabuñal, Víctor, Marcos Amado, Andrés, Mario Casal, Rancaño, (Alemán, min80), David Blanco, (Martín Uruguaio, min.73), Cheo, (Charly, min.85), Tato, (Adrián, min.66).
  • Goles: 0-1, min.10: Andrés de tiro raso aproveitando un balón morto tras un rexeite; 0-2, min.11: Tato tras un balón peiteado por David Blanco; 1-2, min.93.

Fantástica vitoria do Malpica que chegaba con moitas novidades. E se lle puxo de cara o partido con dous tantos en apenas 10 minutos por medio de Andrés e Tato. A partir de aí os malpicáns dedicáronse a contemporizar, se ben foron dominadors do balón durante todo o partido. Só co tempo cumplido, e cun Suso algo mancado nun ombreiro, os locais conseguiron recortar.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios