Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Dous empates son pouca renda

1ª Autonómica: Dous empates son pouca renda

Apenas dous empates colleitaron os nosos esta fin de semana na 1ª. O Fisterra mantiña un punto en Ara Solis que lle soubo a pouco trala boa segunda metade, pero que mantén a liña do equipo e os mantén ben situados para afrontar o último treito. O Camariñas tamén sumaba, no campo do Bertamiráns B, e demostra o ritmo ascendente dos de Berto. Así, para o domingo toca unha cita clave, cun Camariñas-Fisterra que medirá moitas cousas e que as quinielas apuntan a unha X.

O que non levanta cabeza é o Ponteceso. Non xogaron mal os de Nacho, pero estiveron nefastos cara gol e sumaron unha nova derrota.
Mentres, o Malpica, na parte alta, caía pero prantaba cara ao líder, o Estudiantil.

Como apuntamento, tanto pontecesáns como camariñán protestaron as caseiras actuacións arbitrais, polo que vaticinan que para salvarse, vai haber que gañar moitos partidos na casa...

Malpica - Estudiantil (1-2)

Malpica-Estudiantil-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso, Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Juanjo Rabuñal (Mario Casal, min.77), Andrés (Ismael, min.59), Neucha, David Blanco (Cheo, min.64), Charro, Rancaño, Fernando Varela.
  • Goles: 0-1, min.44: tras unha falta lateral na que o liña levanta a bandeira pero o colexiado non asubía; 0-2, min.48; 1-2, min.91: Neucha de fermosa falta directa.
Malpica-Estudiantil-Foto-Luis E Porto

Sosprendeu a aposta de David Baña ao deixar a Cheo na bancada e poñer a David Blanco como punta acompañado por Charro e Neucha nas bandas. A Agrupación Estudiantil mostrouse como un equipo sólido e ben colocado que soubo aproveitar as suas oportunidades. O Malpica non tivo sorte no que intentou sobre o campo para tentar desfacerlle o xogo.

Dous goles dos chamados psicolóxicos, ao fío e á volta do descanso, mataron a un Malpica que deuno todo e prantou cara ata o último suspiro ao líder da categoría. E todo o esforzo para sumar a primeira derrota en 7 partidos dos de Baña, cortando así unha gran xeira de resultados.

Pero o partido foi moi igualado, con alternativas no xogo e ocasións para ambos bandos. David Blanco tiña as mellores para os locais e un coñecido da costa como Adrián Beiroa tiña as suas para os locais, ademais de batallar durante 88 minutos sen deixar saír á defensa malpicá co balón xogado.

Na segunda, xa co 0-2 no marcador, o Malpica intentábao pero a defensa visitante era unha lata. O primeiro achegamento á meta rival chegou faltando só 5 minutos pero Mario Casal manda alto. O gol malpicán chegaría de falta, e sería Neucha, quen si non, o que a asinara.

Fisterra- Unión (1-1)

  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Roco, Sergio Manín, Rubia (Munitis, min.88), Bebeto (Mané, min.73), Santi, Cote, Aitor, Hugo de Dios, Naranjo (Guardiola, min.55)
  • Goles: 0-1, min.5; 1-1, min.15: Hugo de Dios.
  • Un punto quedou en Ara Solis ante un bo Unión de Asados, que serve para manter a boa liña dos de Juan Jesús. E soubo recuperarse tralo golpe inicial en forma de gol dos da Barbanza. Tomou o mando e foise achegando e pronto chegaba o empate por medio de Hugo de Dios nunha xogada a balón parado.

    O partido tornouse vistoso, con alternativas nas dúas porterías. Joselu tivo traballo pero as mellores ocasións foron para os verdes sobre todo na segunda metade na que o partido puido decantarse para os fisterráns. Mané tivo unha das máis claras que marrou a porta baleira. E Cote tivo outra fantástica pero a súa vaselina petou no pao.

    Amio - Ponteceso (2-0)

    • PONTECESO: Norberto, Javi, Alberto (Lorenzo, min.75), Dani, Jorge (Bolón, min.70), Recarey, Mendieta, Josito (Urbieta, min.60), Bieito, Puente (Dani Cotelo, min.85), Brais.
    • Goles: 1-0, min.20: tras un córner; 2-0, min.65: en posición dubidosa.

    Pouco acerto dos de Nacho que seguen nunha liña moi mala de resultados, e que aínda por riba sufrían durante a semana unha nova baixa, a de Tucho, que cun menisco tocado estará fóra varias semanas. Os pontecesáns comezaban apretando e Martín Puente axustada demasiado diante do meta local e o seu balón marchaba pegado ao pao. E do posible 0-1, ao 1-0, cun gol que chegaba tras dous córner botados polos locais.
    O resto da primeira metade seguía coa mesma tónica, con dominio pontecesán pero sen demasiadas chegadas.

    Na segunda os costeiros sufriron unha arbitraxe algo caseira, sen tarxetas pero con moitas faltiñas e cun gol en fóra de xogo. A partir de aí loitar tocaba contra vento e marea, pero o gol non deu chegado.

    Bertamiráns B - Camariñas (0-0)

    • CAMARIÑAS: Alex, Brais Mouzo, Rodri, Caamaño, Manuel, Paco, Martín (Santi, min.60), Alex, De la Sierra, Juan oBello, Brais Triñares.
    • Expulsións: os camariñáns Alex (min.60) e o míster Berto con vermella directa por protestar.

    Un punto nun campo moi difícil, pero que sabe a pouco aos de Berto, que sufriron unha arbitraxe máis que dubidosa, e que tiveron ocasións para levar o partido.

    Os locais, cun xogo moi directo, apenas incordiaron a meta camariñá. Os de Berto defenderon moi ben e facía dano sobre todo cando roubaban en zona de 3 cuartos. Alex e Brais Triñares tiveron dous mans a mans, este mandaba tamén un balón ao pao e Juan oBello tamén tivo o gol nas súas botas. Ata De la Sierra tivo unha contra o final pero o porteiro local salvou cun paradón.

    Así e todo, a liña é boa, e moi confiado se amosa Berto ante a actitude dos seus rapaces, sinalando que, "de seguir así, non teremos problemas".

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios