Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Mala xornada para os nosos

1ª Autonómica: Mala xornada para os nosos

Nova mala semana para os equipos costeiros na 1ª. Só o Camariñas sacaba un punto que ademais lle sabe a pouco pois se puxo ata 3 veces por diante e recibía o empate no min.99.

Ademais, o Malpica caía na casa de novo con mala sorte e cae á 8ª praza. Pola súa parte, o Fisterra prantaba cara a un Villestro 4º na táboa e puido ter traído algo de volta.

Para esquecer a derrota do Ponteceso en Noia, que saía durmido e queda en postos de descenso. Así e todo, está a tan só 4 puntos do 10, precisamente o Fisterra.

Malpica - Bertamiráns B (1-3)

Malpica-Bertamirans-B-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso, Charly (Adrián, min.52), David Castro (Martín Uruguaio, min.52), Víctor (Juny, min.62), Marco, Andrés, Neucha, Cheo, David Blanco, Ismael, Charro.
  • Goles: 0-1, min.40; 0-2, min.60; 0-3, min.70; 1-3, min.85: Neucha de forte turio.
  • Expulsión: o malpicán Adrián (min.67).

Non foi o mellor partido do Malpica que a pesar de esforzarse e manter unha gran actitude e intensidade durante todo o partido. Pero non crearon os locais demasiadas ocasións e tampouco tiveron sorte. Non lle sae unha a dereitas nas últimas semanas e catro atacantes natos como David Blanco, Charro, Cheo e Neucha prácticamente non xeneraron ocasións de gol.

Na primeira, Neucha tivo dúas boas ocasións para meter por diante aos malpicáns. Pero Suso tamén vía como se lle achegaban mesmo con balóns complicados dende lonxe. FIxo dano o gol antes do descanso, que permitiu que o Bertamiráns B afrontara a segunda metade dende atrás e buscando perigosas contras que fixeron moito dano ao Malpica.

Malpica-Bertamirans-B-Foto-Wash-Calvo-2

Villestro - Fisterra (2-1)

  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Sergio Manín, Piti, Munitis, Eddy (Hidalgo, min.60), Roco, Guardiola (Insua, min.70), Marco Docabo (Mané, min.46), Aitor, Hugo (Roberto, min.70).
  • Goles: 1-0, min.2; 2-0, min.43; 2-1, min.75: Aitor.
  • Expulsión: Piti (min.70) tras unha falta a favor con dúas tarxetas por protestar en apenas 20 segundos.
  • Prantou cara o cadro de Juan Jesús a todo un Villestro, sobre todo na segunda metade. Pero a primeira metade foi mala, e ademais chegaron os goles en contra en momentos claves, nada máis comezar e a piques de chegar ao descanso.

    Na segunda mereceron moito máis os fisterráns, pero non puideron superar o demasiado lastre da primeira metade, e mesmo con 10 estiveron a piques de remontar. Contra o final, meteron o susto aos locais cun par de faltas laterais pero xa non había demasiada forza.

    O equipo respostou, valora o míster, que tamén destaca a Aitor leva xa 17 goles, que sen facer demasiado, sempre acaba marcando. De feito, ademais do gol, tirou unha ao pao e outros dous tiros marcharon fóra por moi pouco.

    Laro - Camariñas (3-3)

    • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Roi (Mannu, min.65), Carlos (Martín, min.95), Moriño, Julio, Brais Rodríguez, Martín (Sergi, min.89), Juan oBello, Alex (Carlos, min.93).
    • Goles: 0-1, min.20: Alex de penalti sobre Martín; 1-1, min.45: Pombo saca rápido, o balón pegas nas costas dun dianteiro locale se cola; 1-2, min.52: Alex a pase de Juan oBello; 2-2, min.58; 2-3, min.80: Juan oBello; 3-3, min.99: tras un choque que quedaba Pombo tirado no chan.
    • Expulsión: o porteiro local no min.20. e un xogador visitante no min.99, e ao camariñán Alex xa no banco no min.96.

    Partido de tolos no que o Camariñas deixou escapar 2 puntos tras poñerse ata 3 veces por diante. Pero non matou o choque e entre a mala sorte (os goles locais contaron con fortuna) e a actuación arbitral o Laro conseguiu remontar ata en 3 ocasións.

    Comezaba marcando o Camariñas cun penalti sobre Martín que ademais provocaba a expulsión do porteiro local. Juan oBello e Moriño puidero ampliar a renda, pero pero ao fío do descanso, Pombo quixo sacar rápido e o balón petou nas costas dun dianteiro contrario e o balón se colou na súa propia portería.

    Colocábase de novo ao comezo da segunda o Camariñas por diante por medio de Alex, pero de contado empataba o Laro. E Juan oBello facía o 3º, que parecía defintivo. Pero o colexiado, que daba 5 minutos de desconto, estiraba o partido ante que o Laro empataba tras un balón colgado no que Pombo, tras un choque, quedaba tirao no chan, pero un dianteiro local aproveitaba o balón morto e facía o empate.

    Noia - Ponteceso (6-0)

    • PONTECESO: Norberto, Rubén, Javi, Jorge (Jose, min.80), Nando, Josito (Dani Cotelo, min.75), Tucho, Bieito, Martín Puente (Iago, min.60), Bolón (Dani Pallas, min.46), Canai.
    • Goles: 1-0, min.5; 2-0, min.10; 3-0, min.15; 4-0, min.20; 5-0, min.50; 6-0, min.80.
    • Lesión: Jorge con problemas musculares e tivo que saír o meta suplente Jose.

    Partido para esquecer do Ponteceso, que saía durmido e aos 20 minutos xa levaba 4 goles en contra, marcando 4 das 5 primeiras chegadas.
    A partir de aí o Ponteceso aínda tivo o balón, controlou o tempo pero non chegou a gol en todo o partido.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos deportivos

    Máis novas

    Fonte

Comentarios