Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Baldaio recupera o timón

Liga Intermunicipios: O Baldaio recupera o timón
Liga Intermunicipios-Foto-Juan Carlos Lorenzo A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

Logo de vencer no difícil campo de A Piña nun partido moi disputado e aproveitar a xornada de descanso do Sporting Brea, o Baldaio recupera o liderato da competición.

O pasado domingo, o Cances viuse sorprendido no campo do Vinculeiro por un Valenza que soubo sobrepoñerse ao gol inicial de Javier Castro e darlle a volta ao marcador. Empataría o equipo local dende o punto de penalti pero sería Enmanuel o que declinaría o partido para o bando dos visitantes, que lle sirve ao Valenza para ascender a quinta posición.

O Xornes venciu ao Laxe, no Pinguel, nun encontro igualado ata o tempo de lecer ao que se chegou cun axustado 2 a 1. Pero na segunda metade, os visitantes baixaron moito fisicamente e os da parroquia pontecesana aproveitaron eso para virse arriba e matar o partido con tres goles máis. Ambos equipos víronse condicionados xa que que só contaban con once xogadores para disputar o encontro.

Outro dos que suma de tres en tres é o Rus tras a axustada vitoria ao Peña Galicia por 4-3. Comezaron fortes os locais e foron quenes de aproveitar varios desaxustes dos da Peña Galicia para colocarse cunha vantaxe de tres goles no marcador cando tan só transcorreran vinte minutos de partido. Antes do descanso, os visitantes recortarían distanzas, dende os once metros, cun penalti moi protestado polo Rus. Á volta do tempo de lecer, cos locais bastante relaxados, Esteban Pichel cun lanzamento de falta axustaría aínda máis o instantáneo. Por un momento, o encontro volveríase tolo, de ida e volta, con constantes ocasións para ambos, pero sería o Rus, quen marcaría e faríao logo dun lanzamento de falta. Minutos despois, os visitantes recortarían distanzas a saída dun córner. Pero o marcador xa non se movería máis ata o final.

En A Piña, enfrontábanse o equipo local e o Baldaio. Mentres os de A Piña buscaban os seus primeiros puntos, os visitantes buscaban recuperar o liderato, aproveitando que ao Sp. Brea lle tocaba descansar.
Foi un partido disputadísimo entre dous dos gallitos da competición, no que calquera puido gañar xa que ambos tiveron ocasións para facelo pero finalmente os tres puntos voltarían a marchar do campo de A Piña por terceira xornada consecutiva por mor dun gol de Óscar Varela cando transcorría o minuto 65 de partido, este tanto sírvelle aos visitantes para poñerse de novo en cabeza.

O Cereo é outro dos equipos que conta os seus partidos por vitorias, tres de tres. O equipo da parroquia coristanquesa venceron ao Sp. Seaia nun encontro no que foron superiores, en todas as facetas do xogo, a un conxunto que está en proceso de adaptación á competición. Cabe destacar a actuación do dianteiro do Cereo, Iván, que anotou os seis tantos do seu equipo.

Vindeira xornada

Esta fin de semana temos un interesantísimo partido entre dous dos candidatos ao título. Domingo, ás 16.00h no Municipal de As Eiroas (Carballo), enfrontanse o Sp. Brea e o Cereo e alí estará David Castro en representación do equipo de QPC.

Goleadores

  • Iván García, do Cereo CF, con 10 goles.
  • Iván Pena, do Sp. Brea, con 7 goles.
  • Gonzalo Zas, do ACRD Baldaio, con 4 goles.
  • Walter Villar, do Xornes, con 4 goles.
  • Luís Carro, do ACRD Baldaio, con 3 goles.
  • Enmanuel Vázquez, do Valenza Clube, con 3 goles.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios