Martes. 14.05.2024
El tiempo

Preferente: Dumbría e XSC non queren perder o tren

Preferente: Dumbría e XSC non queren perder o tren

Era unha semana importante para Dumbría e XSC con partidos claves para non perder o tren do ascenso. E respostaron os cadros de Canosa e Corredoira, con sendas vitorias, algo apuradas, ante o pechacancelas, o Carral, e O Val. Quedan agora ambos a 4 e 5 puntos do Boiro 3º, e aínda a 8 do líder, o Bertamiráns, i é que ningún dos 3 de arriba pinchou.

O que non puido facerlle un favor aos seus veciños foi o Soneira que permite que o Laracha se manteña empatado co XSC tras vencer no Municipal de Vimianzo.

Dumbría - Carral (5-2)

Capitans e colexiados no Dumbria-Carral-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván (David Carreira, min.70), Huete (Pablo Vidal, min.56), Aarón López, Pablo Conde, Aaro López, Jesús (Dani Casal, min.80), Piri (Luisito, min.59), Iago, Brais (Iago Dosil, min.60), Leo.
  • Goles: 0-1, min.41; 1-1, min.50: Aarón López; 2-1, min.72: Leo cun golazo tremendo de chilena na área; 2-2, min.78; 3-2, min.82: Luisito; 4-2, min.89: Aarón López; 5-2, min.95: Luisito.

Non hai vitoria fácil na Preferente, e a pesar do resultado abultado, houbo que sufrir. De feito, o partido marchou 0-1 ao descanso tras unha primeira metade moi mala dos dumbrieses, con moitas imprecisóns e moito xogo parado.

Na segunda, cos cambios, saiu mellor pero costou entrar no choque. Un gol de Aarón López abriu o camiño e un dos goles da tempada, unha chilena de Leo moi arriba que recordarán por moito tempo os asistentes, puxo ao Dumbría por diante. E cando parecía que todo estaba controlado, o Carral volvía empatar. Quedaban apenas 10 minutos, que bastaron para que Luisito e Aarón López fixeran 3 tantos que destrozaba ao pechacancelas.

Leo mete un golazo ao Carral de chilena que será recordado-Foto- Jorge Parri

Xallas StComba - O Val (3-2)

  • XSC: David, Rubén, Guillermo, Martín, Pablo, Mon (Ismael, min.89), Jota, Doro (Chinda, min.86), Jesus, Óscar (Darío, min.81), Javi Suárez (Noli, min.72).
  • Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.58: Javi Suárez remacha un remate de Jesús a centro de Óscar; 2-1, min.63: Doro de xogada individual; 3-1, min.70: Javi Suárez dende a frontal; 3-2, min.82.

Volveu recuperar o bo xogo e as oas sensacións o cadro de Corredoira. E así e todo marcharon aos vestiarios por detrás no marcador tras unha primeira metade na que os visitantes apenas tiraron unha vez a porta, pero con moito tino. Os xalleios controlaron o balón durante todo o partido, con Mon no medio campo convertido no mellor Mon da temporada. Algunha ocasión chegaba sobre todo polas bandas da man de Óscar e Doro e Javi Suárez que estivo só en punta e aproveitou a ocasión.

A segunda parte foi monólogo local. Chegadas de todas as cores pero tardou en chegar o empate, pero en 12 minutos resolveu o partido con dous goles do punta baiés e un de Doro en boa xogada individual.

Contra o final, un par de balóns aéreos aínda meteron algo de medo nos locais, pero os centrais Guillermo e Martín estiveron moi ben por arriba.

Soneira - Laracha (1-2)

Mackaay non puido evitar a derrota do Soneira ante o Laracha
  • SONEIRA: Cheli (Víctor, min.75), Pichi, Fran de Urroa, Sito, Michael, Mayor (Iván Cerilla, min.71), Michel, Darío (Cristian Figueroa, min.57), Toni de Muros (Baba, min.71), Richi (Javi, min.57) e Adrián Mackaay.
  • Goles: 0-1, min.22. 0-2, min.49. 1-2, min.85: Adrián Mackaay.
  • Lesión: Os dous porterios locais Cheli, con escordadura de xeonllo; e Víctor por un ombreiro. Ambos foron ao Hospital.
O porteiro Víctor tamen saíu tocado do ombreiro tras substituir ao lesionado Cheli

Segunda derrota consecutiva e terceiro partido sen gañar para o Soneira que ve como se reduce ese colchón de puntos que tiñan cos postos de descenso. Onte o Laracha foi superior ao equipo de Felipe Candamo e endosoulle a segunda derrota no Municipal vimincés ao Soneira.

O Laracha foi un dos mellores equipos que pasou por Vimianzo no que vai de liga, sen ter numerosas ocasións de gol, si que dominou o balón e non dou opcións aos locais que ademais do gol, tan só tiraron dúas veces máis a porta. O Soneira tentou reaccionar nos minutos finais, tras o gol de Mackay, cunha vaselina ao porteiro, pero non tiveron tempo suficiente para acadar o empate.

O Laracha levou os puntos de Vimianzo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios