Martes. 14.05.2024
El tiempo

Resultados do #futboldacosta da última fin de semana de xaneiro

Resultados do #futboldacosta da última fin de semana de xaneiro
O Soneira non sumou ante o Laracha

E remata xaneiro pero o fútbol da Costa continúa en marcha. Esta fin de semana outros 65 partidos en liza, que xa podedes ver con todas as clasificacións actualizadas en www.futboldacosta.com. Pero antes, analizamos a xornada.

En Preferente, dúas vitorias e unha derrota para os nosos. E sumaron os que máis o necesitaban para manter o pulso cos de arriba. O Dumbría batía ao pechacancelas, Carral con solvencia. Recuperaba o Xallas de Santa Comba a vitoria tras 3 partidos sen vencer. Ambos se manteñen a tiro de pedra dos 3 primeiros, pero estes non fallan. Bertamiráns, Grixoa e Boiro vencían. O que caía era o Soneira, que suma o seu terceiro partido sen gañar e non lle puido facer un favor aos veciños costeiros alonxando ao Laracha da loita.

En 1ª Autonómica, o Fisterra é o único dos 3 de abaixo que asoma a cabeza cunha vitoria fundamental. Os de Juan Jesús vencían na casa ao Laro nun choque crucial. Quedan agora os fisterráns con 23 puntos de 13º. Os que non levantan cabeza son o Camariñas e o Ponteceso. Ambos tiñan choques complicados e, malia loitalos ata o final, quedan de baleiro, e con 19 puntos, seguen de penúltimos e antepenúltimos. Clave é a vitoria do Malpica en Cacheiras, que ademais de colar aos de Baña xa no 2º grupo de cabeza, 6º con 31 puntos, fai un favor aos veciños mantendo ao Cacheiras tamén con 19 puntos.

Na 2ª Autonómica, a Esteirana mantense líder e desta voltou sufríu para superar a un mellorado Mazaricos. Por detrás o Baio superaba ao Muros cun resultado algo enganoso, mentres que no partido da semana o Cee batía no Sofán 3-0 e o alonxaba da loita pola 2ª praza. Quedan agora baieses e ceenses con 9 puntos sobre o propio Sofán, que segue encabezando o grupo de perseguidores. I é que o Corme tampouco era quen de gañar en Verdillo ante un San Lorenzo que suma 3 vitorias seguidas. Ademais, o Corcubión sumaba a súa 3ª vitoria seguida e o seu 5º partido sen perder, vencendo, apuradamente, ao Carnota.
Por abaixo, importantes vitorias do Montelouro, cortando unha xeira de 11 derrotas consecutivas, ante o Volantes, nun novo derbi muradán. O Outes tamén recuperaba en Buño, a vitoria tras 3 derrotas seguidas, e sae do descenso, no que queda o Cabana que non podía o sábado co Castriz.

A xornada 20 da 3ª Autonómica deixa ao Independiente empatado co Porteño no máis alto da taboa, pois os carballeses non desaproveitaron o descanso dos da Ponte e endosaron un 7-0 ao Corcoesto. O Camelle non decae da loita por esas dúas prazas de ascenso directo, e está a só 5 dos líderes tras vencer 3-0 no derbi camariñán ante o Xaviña. O Cerqueda e o Soneira B queren asegurarse unha desas 3 prazas que parece que faltan por cubrir para a fase de ascenso, e vencían con bastante eficiencia a Lira e Nantón. O Laxe vencía ao Baíñas e pega un importante salto na loita por entrar na fase.

En Xuvenís xa imos vendo como van as cousas trala primeira xornada a medias da semana do Gong. O Cabana parece decidido a polo título, e tras vencer na primeira xornada ao Fisterra, desta volta facía o propio co Dumbría, con moito sufrimento, iso si. Malpica e Xallas de Santa Comba sumaban os 3 puntos no seu primeiro partido, deixando ao Fisterra e o Ponteceso con 0 puntos en 2 partidos.
Nas Liguillas da Copa, o Camariñas batía cun Muxía en serias dificultades, pero que non se prantexa deixar a competición. Ademais, Baio e Outes vencían a Laxe e Muros e haberá que contar con eles. Outro que parece decidido é o Coristanco, que suma 2 de 2 no grupo 2, mentres que o Cee superaba ao Soneira, e a Esteirana sorprendía ao Mazaricos.

En Liga Galega Cadete, o Dumbría segue facendo un temporadón. Con 41 puntos está 3º só por detrás de Santiago e Deportivo B. Onte vencía ao Residencia, 5º na táboa. Ollo tamén co Bergantiños, que se mantén 6º tras vencer ao Victoria B.
Mentres, na Galega de Infantís, é o Bergantiños o que se mantén no podio, con 44 puntos só por detrás de Boiro e Depor. Os carballeses empataban co Conxo. Mentres, o Dumbría caía ante o San Cristoban e queda 14º con 22 puntos.

A xornada de Infantís traía un partido clave, un partido que vale media Liga. O Xallas de Santa Comba vencía 1-2 no San Pedro de Refoxos, deixando ao Cee a 5 puntos. O XSC fixo un partido case perfecto, moi seguros atrás e aproveitando as ocasións, como a primeiro gol de Juanjo Freire, ou o segundo de Juan Lois que anulaba o empate ceense.

E en Veteranos a cousa está máis igualada que nunca. Con 46 puntos temos a Castriz, Soneira e Cabana no alto da táboa, tralo empate do Castriz co Corcubión, e as vitorias do Soneira ante o Xuv. e do Cabana ante o Bértoa, todos en choques complicados.

Imaxe do choque de infantís entre Cee e XSC -Foto- Jorge Parri

Preferente, xornada 22

C.F. Dumbría 5-2 U.D. Carral
Soneira S.D. 1-2 Laracha C.F.
Xallas StComba 3-2 S.D. O Val

1ª Autonómica, xornada 20

Atl. Riveira 3-2Ponteceso S.D.
S.D. Fisterra 2-1C.F. Laro
Camariñas F.C. 1-2 C.D. Unión
SD Cacheiras 1-3 S.C.D. Malpica

2ª Autonómica, xornada 20

Cabana S.D. 1-2S.D. Castriz
S.D. Esteirana 2-1 Mazaricos C.F.
S.D.San Lorenzo 3-0 Corme C.F.
U.D. Corcubión 2-1 U.D. Carnota
C.D. Baio 6-2 Muros S.D.
U. C. Cee 3-0 S.D. Sofán
Volantes F.C. 2-3 U.D. Montelouro
Buño S.D. 2-4 Outes C.F.
Dumbría C.F. B 1-6 Sp. Zas

3ª Autonómica, xornada 20

C.F. Castrelo 0-0 S.D. Alcaián
S.D. Ameixenda 1-0 S.D. Coristanco
Camelle S.D. 3-0 Xaviña F.C.
Indep. Carballo 7-0 SDC Corcoesto
Lira C.F. 1-4 U.D. Cerqueda
C.D. Nantón 1-3 Soneira S.D. B
C.D. Baíñas 2-3 S.D. Laxe
  • Descansa Porteño.
  • O Fisterra B - Muxía xa queda con 0-2 ante a retirada do Fisterra B.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

S.C.D. Malpica 5-3 S.D. Fisterra
Ponteceso S.D. 1-3 Xallas StComba
Cabana S.D. 2-1 C.F. Dumbría

Copa da Costa, Grupo 1, xornada 2

Camariñas F.C. 9-1 Muxía C.F.
Outes C.F. 2-1 Muros S.D.
S.D. Laxe 1-3 C.D. Baio

Copa da Costa, Grupo 2, xornada 2

S.D. Coristanco 3-2 Corme C.F.
Soneira4-2 U.C. Cee
S.D. Esteirana 2-1 Mazaricos C.F.

Liga Galega Cadete, xornada 19

C.F. Dumbría 2-0 S.D. Residencia
Victoria C.F. B 0-1 Bergantiños C.F

Liga Galega Infantil, xornada 20

C.D. San Cristobal 1-0 C.F. Dumbría
C.D. Conxo 0-0 Bergantiños C.F

1ª Cadete, xornada 12

S.D. Fisterra 3-1 S.D. Coristanco
Outes C.F. 0-5 Cabana S.D.
C.D. Baio 1-3 Muxía C.F.
Con. de Carnota 2-3 Muros S.D.
S.D. Esteirana 6-1 Sp. Zas
Porteño C.F. 1-4 U.C. Cee
Ponteceso S.D. 1-4Xallas StComba

1ª Infantil, xornada 16

U.C. Cee1-2 Xallas StComba
S.D. Sofán 2-9 C.D. Baio
E.M.F. Vimianzo 1-4E.D. Os Miudos
S.D. Esteirana 7-3 Corme C.F.
Outes C.F. 4-3 Muxía C.F.
Cabana S.D. 2-3 As Baleas
S.D. Fisterra 2-0 S.D. Coristanco

Ligas de Veteranos, xornada 19

1ª División

Bértoa 2-3 Cabana
San Lorenzo 1-0 Ponteceso
Vimianzo 0-1 Nantón
Castriz 1-1 Corcubión Vet.
Xv. Bergantiños 0-2 Soneira
Baio 0-3 Zas
Camariñas 0-3 Coristanco
San Román Susp.Bergantiños

2ª División

At. Milagrosa 4-2 Sofán
Camelle 1-0 Corcoesto
Laxe Susp. Poniente
Leiloio 2-1 Porteño
Buño 0-2 Agualada
Corme 2-4 Malpica
Dep. Carballo 0-3 Cerqueda

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios