Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Empate e os 3 entre os 6 primeiros

Preferente: Empate e os 3 entre os 6 primeiros

Non foi nada mala a xornada para os nosos, que deixa aos 3 equipos entre os 6 primeiros, con XSC e Dumbría moi arriba. Xalleiros e dumbrieses que asinaban unhas xustas táboas no Conco, e suman un empate que vale, tralas derrotas de Grixoa, Bertamiráns e Boiro.

Ademais a xornada colleitaba unha nova vitoria do Soneira. Segue a boa racha e imbatibilidade do Soneira na casa, con estas dúas vitorias seguidas suben ao 6º posto, esquecen a zona baixa e miran cara arriba.

Dumbría - Xallas StComba (1-1)

Dumbría-XSC-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Tantán, min.68), Huete, Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Brais (Iago Dosil, min.22), Iago, Piri (Riki, min.64), Dani Casal (Jesus, min.59), Luisito.
  • XSC: Diego, Chinda (Rubén Forján, min.72), Guille, Pablo, Oscarín (Noli, min.80), Mon (Orlando, min.55), Jota, Doro, Jesús (Javi Suárez, min.72), Pablo Bañá, Beiroa.
  • Goles: 1-0, min.70: Jesús cun golazo de volea dende unha esquina da área; 1-1, min.85: Noli de cabeza a centro de Beiroa.
  • Lesión: o dumbriés Brais cun pinchazo.
Dumbría-XSC-Foto- Jorge Parri

Empate bastante xusto no Conco entre dous grandes equipos. Foi un fermoso partido, con moita intensidade durante os 90 minutos, que tivo unha parte para cada equipo e que rematou en táboas.

O primeiro tempo foi bicolor e os xalleiros tiveron mellores ocasións de gol ademais de evar o peso do partido. As máis claras foron unha de Beiroa e outra de Baña que parou Juan Purrúa.

O partido chegaba ao descanso sen que o marcador se movese e foi o Dumbría o que se empregou máis na segunda metade, levando a iniciativa a base de moita brega. E parecía que podía levar o partido sobre todo cuando Jesus marcou o golazo da tarde cunha volea dende unha esquina da área que se colaba pola escuadra do segundo pao. Antes avisaran xa os dumbrieses, pero Iván Pequeño fallou incomprensiblemente un remate de cabeza a centro de Riki, mentres que o propio Riki lanzou un disparo dende fóra da área que a priori parecía inocente pero que case se cola na meta de Diego.

Parecía que o partido morría pero os de Corredoira tiraron de orgullo e nun arreón final de fe conseguiron empatar cun bo tanto de Noli de cabeza a un centro de Beiroa.

Soneira-Galicia Mugardos (3-1)

Soneira-Mugardos
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa (Oscar, min.82), Maikel, Sito, Mayor, Bibi (Baba, min.70), Michel, Javi (Iván Cerilla, min.72), Darío (Cristian Figueroa, min.69) e Adrián Mackay.
  • Goles: 1-0, min.8: Adrián Mackay; 2-0, min.28: Maikel; 2-1, min.35; 3-1, min.83: Óscar.

"Se funcionan as cousas para que as vamos a cambiar". Isto debeu pensar o míster local, Felipe, pois repetiu o mesmo once e tamén vitoria.
De novo se mostrou forte na casa o equipo soneirán e sacou unha cómoda vitoria, aínda que pasou por unha fase de dominio e ocasións de gol por parte do equipo ferrolán pouco antes de ir ao descanso. Período no que os visitantes desaproveitaron unha pena máxima, moi dubidosa, o porteiro Víctor detivo a pena máxima. Antes, o fisterrán Mackay xa abrira o marcado ao recibir un pase entre liñas de Darío, o dianteiro controlou ben e definiu coa súa perna esquerda no man man.
Aos 28 minutos o muxián Michael facía o segundo, un ha falta por banda dereita que saca Mackay colgando ao segundo pau, Javi toca de cabeza para que o central vindo dende atrás marca na área pequena. Semellaba que o partido non ía ter complicacións para os locais, pero chegou a reacción visitante, primiero a pena máxima e dous minutos chegou o gol. Unha falta lateral que o central de Mugardos marca sen complicacións, en balóns aéreos os brancos sufren bastante.

Na segunda metade o partido volveu a pasar a control local que templou o balón e non sufriu en defensa. O único tiro dos visitantes chegou no minuto 71, o balón foise ao longueiro. Minutos despois, Mayor fixo lucirse ao meta visitante nun lanzamento de falta, o balón tras ser despexado polo meta foise ao longueiro. A sete minutos para o final, o muradán Oscar recibe un balón na frontal da área grande e tras un bo control marca de volea coa esquerda.

Maikel e Fran de Urroa no Soneira-Mugardos

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios