Venres. 03.05.2024
El tiempo

Resultados da primeira fin de semana de decembro no #futboldacosta

Resultados da primeira fin de semana de decembro no #futboldacosta
Imaxe do Corcubión-Montelouro Foto-Edu Olveira

Primeira fin de semana de decembro e o fútbol da Costa (podes seguir o carrusel de resultados a través do noso twitter e do hastag #futboldacosta) non para.

Comezamos o repaso pola Preferente, polo partido da semana, o derbi no Conco que remataba cun empate que deixa a dumbrieses e xalleiros en boa posición tralas derrotas dos Grixoa, Bertamiráns e Boiro. Ademais, o Soneira gañaba con solvencia ao Mugardos e dia adeus case defintivamente á zona baixa e se coloca 6º con 22 puntos, a só 2 do Dumbría e 3 do XSC.

Mala xornada para os nosos na 1ª. 4 derrotas, unha, a do Fisterra por 2-0 en Piloño, e 3, as do Malpica, Camariñas e Ponteceso, por 3-0. O Malpica era superado polo Riveira, mentres que o Camariñas e o Ponteceso sufrían campos enlamados.

Na Liga da Costa, a Esteirana segue destacada no máis alto tras vencer e convencer en Castriz, mentres que a sorpresa da xornada deuse no Carral coa vitoria do Mazaricos ao Sofán por 0-2. Baio e Cee tiveron que sufrir para sacar os 3 puntos de Outes e Buño, mentres que o Corme venceu, pola mínima, ao Zas, e o pasa na táboa. O Carnota tiña tamén un duro choque ante o Muros.
Por abaixo, gran vitoria do Corcubión ante un Montelouro en liña descendente que o alonxa da zona baixa. Mentres o Cabana empataba no último instante ante o San Lorenzo ao que non deixa escapar, e o Dumbría B non sacaba nada bo de Miraflores ante un Volantes que recupera a senda da vitoria.

En 3ª, os de arriba seguen sen fallar. O líder, o Porteño, vía como o seu partido se suspendía cando gañaban 3-0 ao Lira, pero este quedaban con 6 sobre o céspede. Polo que parece que son 3 puntos asegurados, que suman 5 sobre o IDC, que onte non fallaba ante un Soneira B moi atrevido pero que pagou os erros. O Camelle tampouco falla e mantén a 3ª posición, destacado sobre un Cerqueda que non pasou do empate ante o Xaviña. O Ameixenda volve unirse á loita pola 6ª praza tras vencer a un Castrelo que segue afundido.

En Xuvenís, varias novidades. Polo sur, e á espera do Dumbría-Esteirana do xoves, o Fisterra sufría un duro pao en Muros, pero o empate en XSC e Cee combínalles para manterse entre os 3 de arriba. Ademais, polo norte, o Ponteceso demostrou que este ano está intratable e venceu ao Baio por 4-1 deixando aos baieses algo descolgados.
Pero a nova foi a non suspensión do Soneira-Corcubión pois o cadro corcubionés non apareceu no Municipal pola mañá alegando que nin o Soneira nin a Federación os avisou do cambio de horario. Veremos o que apunta a Federación o mércores.

Nas Ligas Galegas, os equipos fortes mantéñnse arriba. O Dumbría cadete vencía ao Ural e segue 2º a 2 puntos do Santiago de Compostela, mentres que o Bergantiños está en zona morna. En Infantís, o Bergantiños empataba co Boiro, e queda 3º a un punto dos da Barbanza, e a 2 do líder, o Deportivo.

E en Veteranos, o Soneira ponse de líder tralo empate entre Cabana e Castriz.

Preferente, xornada 15

Soneira 3-1 Gal. Mugardos
Dumbría 1-1 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 14

Piloño 2-0 Fisterra
Malpica 0-3 Atl. Riveira
Laro 3-0 Ponteceso
Puebla 3-0 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 14

Cabana 1-1 San Lorenzo
Corcubión 1-0 Montelouro
Volantes 3-1 Dumbría B
Castriz 0-4 Esteirana
Carnota 2-0 Muros
Corme 2-1 Zas
Buño 1-2 Cee
Outes 2-3 Baio
Sofán 0-2 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 14

Ameixenda 5-1 Castrelo
Soneira B 1-2 Indep. Carballo
Laxe 0-3 Muxía
Nantón 0-2 Camelle
Porteño Susp* Lira
Coristanco 1-1 Fisterra B
Alcaián 3-1 Corcoesto
Xaviña 1-1 Cerqueda
  • Descansa Baíñas.
  • * Suspendido con 3-0 porque o Lira quedou con 6 sobre o campo.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 14

Xallas Sta Comba 1-1 Cee
Soneira Susp* Corcubión
Muros 4-2 Fisterra
Outes 0-1 Mazaricos
Dumbría 06/12 - 11:30 Esteirana
  • * Suspendido por incomparecencia do Corcubión que argumenta que non o avisaron.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 14

Corme 2-0 Laxe
Ponteceso 4-1 Baio
Cabana 7-0 Zas
Camariñas 0-2 Coristanco
Malpica 4-1 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 12

Ural 0-1 Dumbría
Bergantiños 5-2 Villalbés

Liga Galega Infantil, xornada 13

Boiro 0-0 Bergantiños
Dumbría 0-3 Víctoria

1ª Cadete, xornada 6

Coristanco 0-1Outes
Muxía 3-2 Muros
Fisterra 5-1 Con. de Carnota
Baio 3-2 Porteño
Xallas StComba 2-0 Cee
Ponteceso 1-5 Esteirana
Cabana 1-2 Zas

1ª Infantil, xornada 11

Coristanco 2-2 Sofán
Vimianzo 4-1 Ponteceso
Outes 0-3 Cabana
Esteirana 3-1 Fisterra
Xallas StComba 6-0 Muxía
Baio 6-0 Corme
Cee 6-1 As Baleas
  • Descansa Os Miúdos.

Ligas de Veteranos, xornada 12

1ª División

Soneira 4-1 Coristanco
Xv. Bergantiños 4-2 Vimianzo
Bergantiños 4-2 Nantón
Ponteceso 0-2 Baio
Zas 3-0 Bértoa
Camariñas 0-5 Corcubión Vet.
Cabana 1-1 Castriz
San Román 1-0 San Lorenzo

2ª División

Malpica 2-0 Agualada
Laxe 2-1 Porteño
Muros 1-0 Camelle
Corme 1-2 Dep. Carballo
Sofán 3-1 Leiloio
Poniente 1-4 Corcoesto
At. Milagrosa 4-1 Buño
  • Descansa Cerqueda.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios