Venres. 10.05.2024
El tiempo

Preferente: Escapou o tren de cabeza

Preferente: Escapou o tren de cabeza
Triple derrota, na casa, dos equipos costeiros na Preferente, que miran como os de arriba escapan sen remedio. Tres 0-1 que deixaron sen argumentos aos nosos O Dumbría caía co Silva e ten xa a 10 puntos ao Boiro, 3º. O XSC sufría a derrota máis dolorosa pois foi co equipo que chegaba de pechacancelas, e queda un punto por debaixo dos dumbrieses. Ademais, o Soneira completaba o trío de derrotas ante un Bertamiráns, que a pesar de estar líder, non demostrou demasiada superioridade.

Soneira - Bertamiráns (0-1)

Mala xornada para o Soneira
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Darío, Iván Cerilla, Michael, Mayor (Richi, min.79), Baba, Bibi (Toni de Muros, min.67), Míchel (Curra, min.85), Cristian Figueroa (Oscar, min.64) e Javi.
  • Gol: 0-1, min.72: Sergio Leis.
Non puido arrancarlle ningún punto o Soneira na visita do líder, a piques estivo, pero ao final acabou sucumbindo ante un equipo que ofreceu algo máis no terreo de xogo. Os locais volveron a contar con baixas importantes, pero o bo dos vimianceses este ano é que a penas hai xente titular, as rotacións constantes fan que a xente sexa moi competitiva. Onte o equipo fixo un gran derroche físico ante un equipo moi poderoso e que demostrou por que vai primeiro na táboa, sobre todo na primeira metade, na que o meta Víctor fixo un par de intervencións de moito mérito. Na segunda metade, os de Bertamiráns non crearon tanto perigo na meta local e semellaba que podían perder un par de puntos, pero foi nunha xogada sen aparente perigo, na que os visitantes están moi rápidos no saque dunha falta, ganado as costas da defensa e Sergio Leis definía moi ben ante Víctor. Nos minutos finais, un pequeno arreón local non foi suficiente para sacar algo positivo.

Dumbría- Silva (0-1)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, David, Rudi, Isma, Iago, Aarón López (Iván, min.78), Piri (Álex, min.75), Dani Casal (Iago Dosil, min.73), Jesús (Pablo Vidal, min.66) e Leo (Martín, min.78).
  • Gol: 0-1, min.75.
  • Expulsións: os dumbrieses Isma (min.58) e Dani Casal (xa no banco).
Non puido o Dumbría cun ordenado Silva, que acabou coa imbatibilidade do Conco. Un partido que tivo a xogada clave á hora de xogo cando Isma cometía un penalti deixando con 10 aos locais. Porrúa paraba o penalti, ao panenka, pero o Silva soubo ler ben o partido e aproveitou a superioridade. Os locais, que disfrutaron da estrea de Rudi Cotelo, non crearon demasiado perigo tendo, se cadra, a cabeza, no potente entroido dumbriés.

Xallas StComba - Chantada (0-1)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Óscar, Guille, Pablo (Isma, min.85), Jota, Doro, Mon (Noli, min. 64), Orlando (Darío, min. 80), Pablo Baña (Chinda, min.70) e Javi Suárez.
  • Gol: 0-1, min.35.
4 derrotas nos últimos 5 partidos dan conta do estado de ansiedade do XSC, que onte recibía ao pechacancelas e non soubo como superalo. Os de Corredoira controlaron o partido en todo momento, pero en fronte, o equipo chantadino estivo moi firme e sacaba perigosas contras. Na segunda Mon tivo a mellor ocasión para empatar as forzas, e os ánimos, non estaban ao cen por cen e parece que os xalleiros deixan escapar defintivamente o tren de cabeza.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios