Venres. 10.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada de Entroido

Resultados e análise da xornada de Entroido
O Entroido estivo presente en Ara Solis-Foto- Jorge Parri

Xornada tocada polo Entroido na Costa da Morte que adiantou moitos dos choques á xornada sabatina. E de feito, o entroido xa se deixou ver por algún que outro campo da Costa... A que non acertades cal?! Aquí imos co repaso á xornada, na que deixamos todos os resultados e os partidos que foron aprazados polo temporal e que se xogan este martes de entroido.

Comezamos o repaso pola Preferente, na que a xornada non foi moi positiva. Triple derrota dos nosos e na casa, con especial trascendencia as de Dumbría e XSC, que caeron e deixan escapar o grupo de cabeza case que irremediablemente.

En 1ª Autonómica, sumaron os 4 unha semana máis. Tres empates e unha vitoria son o bagaxe dos nosos, que lles permite seguir subindo posicións. De feito, o Malpica segue 5º pero cada vez máis destacado e mesmo máis preto do, polo de agora, intocable trío de arriba. Polo de agora pois o Camariñas e Fisterra (nun Ara Solis tocado polo Entroido) roubáronlle un puntiño a Riveira e Noia, o que sumado ao empate do Ponteceso en Bertamiráns deixa aos 3 fóra dos postos directos de descenso.

A 2ª Autonómica foi a que máis viviu o Entroido deixando só 3 partidos para a xornada dominical. Unha xornada que comezaba o xoves cun Dumbría B que segue afundido tralo paso do Muros. Onte, o choque máis importante xogábase en Esteiro, e no medio do Entroido muradán, o Baio sacou un empate que deixa todo como estaba. Como estaba porque o Cee non puido aproveitalo ao non pasar do empate nun partidazo ante o Zas. O trío de cabeza segue nun puño.
Por abaixo, grandes vitorias do Cabana e do Outes ante o Carnota e o Volantes, que deixan ao Montelouro no posto que acompaña ao filial. O Mazaricos perdeu e segue en problemas nese grupo de 5.
Cómpre destacar as 5 vitorias seguidas do San Lorenzo e os 7 partidos sen perder do Corcubión.

A xornada da veu marcada pola suspensión do Nantón-Laxe. I é que a parroquia cabanesa estivo de luto polo falecemento dun deses homes de clube, unha desas persoas que parece que sempre van estar aí. José Díaz Lema morría dun infarto o pasado venres.
No deportivo o Camelle aproveitou a xornada para meterse definitivamente na loita polas dúas prazas de ascenso directo. Está o Porteño no peor momento da tempada e hoxe non podía co Coristanco. O Camelle si que vencía ao Corcoesto co que quedan empatados, a 3 puntos do IDC, que esta xornada sumaba os puntos do Fisterra B.
Na loita pola 6ª praza, o Cerqueda non fallou, pero si o fixo o Muxía, que sufríu ante o Lira unha dura derrota, que devolve á esperanza aos lirachos. O Ameixenda iguala co cadro muxián con 30 puntos, e o Baíñas volve meterse tras vencer ao Xaviña.

En Xuvenís, XSC e Cabana destácanse seriamente ante o resto. 5 puntos sacan ao resto de equipos o que supón, nunha liga tan curta coma esta, unha gran vantaxe.
Na Copa, Muxía e Soneira parecen os firmes candidatos a ser eliminados.

Nas Ligas Galegas, nos cadetes, o Dumbría segue firme na 3ª praza tras vencer ao Vilalbés. En Infantís, comezaron as Liguillas polo Título e polo descenso. Na primeira temos ao Bergantiños, que comezaba caendo con rotundidade na casa ante o Celta. Mentres, o Dumbría emepzaba con bo pé vencendo na Coruña por 1-2 ao San Cristobal na Liguilla para evitar o descenso.

Preferente, xornada 24

C.F. Dumbría 0-1 Silva S.D.
Soneira S.D. 0-1 Bertamiráns F.C
Xallas StComba 0-1 S.D. Chantada

1ª Autonómica, xornada 22

S.D. Fisterra 1-1C.F. Noia
S.C.D. Malpica 4-0 Flavia S.D.
Bertamiráns B 2-2 Ponteceso S.D.
Atl. Riveira 0-0 Camariñas F.C.

2ª Autonómica, xornada 22

Dumbría C.F. B 1-2 Muros S.D.
S.D. Esteirana 1-1C.D. Baio
S.D. Castriz 2-1 U.D. Montelouro
U.C. Cee 3-3 Sp. Zas
Cabana S.D. 3-1 U.D. Carnota
Volantes F.C. 1-2 Outes C.F.
S.D.San Lorenzo 3-1 Mazaricos C.F.
U.D. Corcubión 4-1 Corme C.F.
Buño S.D. 0-0 S.D. Sofán
S.D. Sofán 12/02 - 16:15 (x.19) S.D.San Lorenzo

3ª Autonómica, xornada 22

C.F. Castrelo 0-4 U.D. Cerqueda
S.D. Ameixenda 1-1 S.D. Alcaián
Camelle S.D. 4-1 SDC Corcoesto
Lira C.F. 2-1 Muxía C.F.
C.D. Baíñas 3-1 Xaviña F.C.
C.D. Nantón Susp. S.D. Laxe
Porteño C.F. 3-3 S.D. Coristanco
S.D. Alcaián 12/02 - 20:00 (x.19) Camelle S.D.
  • Nantón-Laxe suspendido polo falecemento de José Díaz Lema, vencellado ao clube dende hai moitos anos.
  • Descansa Soneira B.
  • O IDC-Fisterra fíxase co resultado 2-0.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

C.F. Dumbría 2-4 Xallas StComba
S.D. Fisterra 6-4 Ponteceso S.D.
Cabana S.D. 4-2 S.C.D. Malpica

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 4

C.D. Baio 3-1 Muros S.D.
Muxía C.F. 0-2 Outes C.F.
S.D. Laxe 4-1 Camariñas F.C.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 4

U.C. Cee 8-2 S.D. Esteirana
Corme C.F. 4-1 Soneira S.D.
S.D. Coristanco 2-0Mazaricos C.F.

Liga Galega Cadete, xornada 21

C.F. Dumbría 1-0 R.C. Villalbés
C.D. Calasanz 5-0 Bergantiños C.F

Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 1

Bergantiños 0-3 Celta

Liga Galega Infantil, Playoff Descenso, xornada 1

San Cristobal 1-2 Dumbría

1ª Cadete, xornada 14

Cabana S.D. 8-2C.D. Baio
U.C. Cee 5-1Sp. Zas
Muros S.D. 0-2 S.D. Esteirana
S.D. Coristanco 3-1 Porteño C.F.
Muxía C.F. 4-1 Con. de Carnota
Xallas StComba 3-0 S.D. Fisterra
Ponteceso S.D. 0-1 Outes C.F.
U.C. Cee 12/02 - 10:30 (x.11) Con. de Carnota
Xallas StComba 12/02 - 11:00 (x.11) Cabana S.D.
S.D. Coristanco 12/02 - 11:00 (x.11) C.D. Baio
Muxía C.F. 12/02 - 16:30 (x.11) Ponteceso S.D.

1ª Infantil, xornada 18

E.M.F. Vimianzo 0-5 Xallas StComba
S.D. Sofán 0-14 U.C. Cee
Outes C.F. - E.D. Os Miudos
Cabana S.D. -Corme C.F.
S.D. Fisterra 2-2 Muxía C.F.
Ponteceso S.D. 0-6 As Baleas
S.D. Esteirana 5-6C.D. Baio
Outes C.F. 12/02 - 11:00 (x.15) As Baleas
U.C. Cee 12/02 - 12:30 (x.15) C.D. Baio
  • Descansa Coristanco.

Ligas de Veteranos

1ª División

Camariñas 0-2 Soneira
San Lorenzo 1-2 Coristanco
Vimianzo 2-7 Castriz
Corcubión Vet. 4-1 Bergantiños
Baio 4-2 Xv. Bergantiños
Zas 0-3 San Román
Cabana 1-1 Ponteceso
Bértoa 2-8 Nantón

2ª División

Dep. Carballo 1-6 Sofán
Leiloio 1-5 Corcoesto
Buño 1-1 Malpica
Corme - Poniente
Muros 2-1 Laxe
Camelle 3-0 Agualada
Porteño 1-1 Cerqueda


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios