Martes. 07.05.2024
El tiempo

Preferente: O Soneira amarga unha positiva fin de semana

Preferente: O Soneira amarga unha positiva fin de semana

Segue o Bergantiños imparable, xunto co Ribadeo, no máis alto da Preferente. Os carballeses venceron de novo ao Viveiro na casa e suman encontros por vitorias tras esta 5ª xornada. Preto, con 10 puntos, sitúase o Xallas de Santa Comba que era quen de darlle a volta ao marcador en apenas 15 minutos ante un potente Estudiantil. Boas novas tamén para o Dumbría, que vencía con solvencia na casa ao San Tirso dando ademais unha boa imaxe e recuperando importantes nomes.

O único que non sumaba é o Soneira, que queda con 4 puntos ao fío da zona de descenso.

Atl. Riveira - Soneira (0-3)

  • SONEIRA: Víctor, Mayuyo, Maikel, Iván Chans, Brais Mouzo, Cristian Canosa (Richi, min.73), De la Sierra (Quilmes, min.40), Riki (Sito, min.79), Baba, Óscar (Leo, min.73), Basti.
  • Goles: 1-0, min.3; 2-0, min.20; 3-0, min.73.
  • Lesión: De la Sierra cunha escordadura de nocello.

Mal comezo do equipo de Felipe Candamo que acabou pagando os erros iniciais. Non pasaran 3 minutos e Víctor xa encaixara o primeiro tanto, e sen tempo a reaccionar, aos 20, o Riveira ampliara a renda. A partir de aí, o Riveira tomou o balón e adicouse a contemporizar, e o Soneira non puido chegar nin sequera a facer dano á meta local.

Na segunda saíu máis metido no partido o cadro soneirán, pero o Riveira tiña o partido ben atado. Apenas Cristian Canosa tivo unha ocasión para recurtar pero os locais pecharían o encontro co terceiro tanto.

Xallas StComba - Estudiantil (2-1)

  • XSC: Diego, Iván Forján, Rubén Forján, Rubio (Isma, min.70), Héctor (Richi, min.50), Alberto, Alfonso, Jesús, César (Toñito, min.60) (Cristian, min.70), Marcos, Darío.
  • Goles: 0-1, min.5; 1-1, min.75: Darío; 2-1, min.88: Alfonso, de penalti.

Segue o XSC ca sorte de cara e se coloca 4º na táboa con 10 puntos. Os de Julio Martínez conseguiron darlle a volta ao marcador nun arreón final mantendo os 3 puntos en Fontenla. I é que o choque comezaba co golpe inicial do cadro visitante, que puido ademais sentenciar de non ser por un par de boas intervencións de Diego e os erros dos puntas.

Na segunda, o XSC tivo que estirarse algo máis, sempre gardando as costas. E cando non quedaban nin 15 minutos, un balón alto o cazaba Darío para facer un empate que case lle valía a ambos. Pero xa case que co tempo cumplido o colexiado sinalou un penalti que valeu 3 tres puntos ante un dos equipos que van estar arriba de seguro.

Dumbría - San Tirso (4-0)

  • DUMBRÍA: Julián (Iván Couto, min.86), Tantán (Óscar, min.65), David, Aarón Fdez., Pablo Conde (Jose, min.75), Aarón López, Adrián Makaay, Jota, Luisito (Pablo Muíño, min.70), Iago, Doro (Jesús, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Pablo Conde; 2-1, min.31: Doro; 3-0, min.40: Doro; 4-0, min.85: Pablo Muíño.

Gran partido do Dumbría ante un frouxo San Tirso, que o colocan nunha cómoda 9ª posición e que lle permiten seguir mirando cara arriba. I é que non podemos esquecer que este Dumbría está chamado a facer grandes cousas este curso, e cada 11 titular, cada convocatoria, os nomes falan. Onte, ademais dos goles de Doro, que segue a demostrar que é un dos mellores xogadores da categoría, o Dumbría celebrou a volta aos terreos de xogo de Pablo Muíño. o xogador de Baíñas celebraba ademais a súa volta cun tanto, facendo o que máis lle gusta.

Bergantiños - Viveiro (2-0)

  • BERGANTIÑOS: Cristopher, Miguel Loureiro (Álex Figueiras, min.50), Souto, Dani Becerra, Sergio, Toni, Luis (Chechu, min.91), Josiño (Brais Garrido, min.78), Roberto Piñeiro, Gonzalo, Alexandre (Iván Amor, min.60).
  • Goles: 1-0 min.70: Josiño define con unha tranquilidade pasmosa, logo dun pase á espalda da defensa. 2-0 min.75: Luís, fai unha internada por banda e dende o pico da área fai un espectacular lanzamento que se cola pola escuadra da portería defendida por Trullo.

O Bergantiños sigue ao seu e xunto co Ribadeo son os únicos equipos que suman sempre de tres en tres e xa van cinco de cinco, tras vencer ao Viveiro, que na teoría é un dos rivales directos na loita para o ascenso. O equipo viveirense veu a Carballo cunha consigna moi clara e era a de non perder. Como mostra deso, o míster visitante plantexou unha defensa de cinco cunha marcaxe individual ao xogador estrela dos vermellos, Roberto Piñeiro.

Na primeira metade, o Bergantiños tivo a intención de buscar a portería rival ante un Viveiro estaba máis preocupado por defender que de xogar. Pero os carballeses non eran quen de desatascar o xogo e conseguir crear algunha ocasión de gol ante un equipo moi cerrado. Os carballeses tan só creaban ocasións en algún balón parado.

Xa na segunda metade, minutos antes do primeiro gol dos locais puido trocar o curso do partido cunha ocasión de Rubén Pardo, que con todo ao seu favor, logo dun gran pase de Felipe Varela, enviaría o esférico fóra.

No minuto 70, Gonzalo controla o balón na frontal da área e mándalle un pase á espalda da defensa a Josiño e éste controla e define coa tranquilidade dun crack. A partir do gol, o Viveiro abriría espacios o que fixo que os locais crearan máis perigo. Cinco minutos despois do tanto do capitán, Luis, fai unha internada por banda e dende o pico da área fai un espectacular lanzamento que se cola pola escadra da portería defendida por Trullo para poñer o 2-0 no marcador.

O Bergantiños segue sin ceder e segue demostrando que é o claro favorito ao ascenso.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios