Martes. 07.05.2024
El tiempo

Crónica e os 55 resultados da última fin de semana do verán

Crónica e os 55 resultados da última fin de semana do verán
Cabana-Volantes-Foto-David Castro

Nova xornada de Fútbol da Costa neste ecuador de setembro nesta última fin de semana do verán (ás 22:44h deste domingo cambia a estación). E o sol provocou grandes sofocos nos campos da Costa, que viviron grandes tardes de deporte.

Empezamos por arriba, cunha boa xornada na Preferente con só unha derrota e tres vitorias. Derrota ao do Soneira en Riveira, tras saír medio durmidos e recibir un claro 3-0. Mentres, o Bergantiños segue líder con 5 de 5. Con 10 puntos se coloca o Xallas de Santa Comba, facendo un gran inicio de temporada a pesar da revolución tardía. Hoxe vencían 2-1 a un Estudiantil que vai ser dos de arriba. Ademais, o Dumbría daba unha alegría á súa afección vencendo con claridade ao San Tirso.

En 1ª Autonómica a xornada foi dispar. Gañaron o Baio, que estreaba o taboleiro de vitorias ante o que chegaba de líder; e gañou o Malpica e á costa da Esteirana. Ambos se colocan con 5 puntos na 4ª e 5ª posición. Pero ademais da derrota da Esteirana, hai que sumar as do Camariñas, tras ir vencendo 1-3 en Sigüeiro, e do Ponteceso, que sufría un duro pao en Rianxo.

A 3ª xornada da Liga da Costa mantén o efecto sorpresa no alto da táboa. Outes e Porteño seguen intratables. Os da Serra deron a sorpresa da xornada vencendo nada menos que 1-3 en Ara Solis, ante un Fisterra chamado a facer grandes cousas esta campaña pero que aínda non acaba de arrincar. Mentres, o Porteño aproveitou a flebleza do Corcubión, aínda en proceso de adaptación ao novo estilo de Nito. Por detrás, con 7 puntos, quedan Castriz e Sofán, dous dos favoritos, que vencían ao Carnota e ao Muros. O Cee xa vai collendo ritmo pero tivo que esperar ata o minuto 90 para doblegar a un correoso Zas. Os que seguen sen puntuar son o IDC e o Cabana.
Mención aparte merece o partido do Cairo. O Corme se metía por diante non sen polémica e cunha suspensión temporal do choque. Con 4-0, e o Camelle cun menos, o cadro visitante era quen de empatar o partido.

E nos Xuvenís, xa na 4ª xornada, imos perfilando candidatos. Polo norte tocáballe descansar ao Dumbría, xunto co Mazaricos, e aínda así mantén o liderato con 9 puntos. Por detrás ponse o XSC con 8, tras golear ao Soneira, e a Esteirana con 7, tras caer ante un Cee que vaise unindo á zona alta, igual que o Fisterra.
Polo Norte, o Ponteceso, que chegaba líder imbatido ao Cairo, para o derbi, e o Corme barríao cun claro 5-0 e se coloca líder. O Camariñas e o Malpica igualan tamén aos pontecesáns con 9 puntos, asomando a cabeza tamén como aspirantes.

Nas ligas autonómicas, boas e malas novas. Segue imparable o Dumbría da División de Honra Cadete, situándose líder con 6 puntos, empatado nada menos que co Celta e o Porriño, da man dun espectacular Juan de Dora. E non son tan alentadoras as novas dende a Liga Galega Infantil. Esta fin de semana caeron os 3, quedando XSC e Dumbría aínda sen sumar.

Continúa en marcha a Copa da Costa Cadete e a Liga Infantil, e mentres, en Veteranos, son o Laxe e o San Lorenzo os únicos equipos da 1ª División que suman os 6 puntos, tras vencer con rotundidade a todo un San Román, e ao Muros pola mínima, respectivamente.
En 2ª, Corcoesto e Agualada suman tamén encontros por vitoria.

Preferente, xornada 5

Atl. Riveira 3-0 Soneira
Bergantiños 2-0 Viveiro
Xallas StComba 2-1 Estudiantil
Dumbría 4-0 San Tirso

1ª Autonómica, xornada 3

Baio 1-0 Noia
Sigüeiro 4-3 Camariñas
Esteirana 0-4 Malpica
Unión 7-1 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 3

Fisterra 1-3 Outes
Corcubión 2-4 Porteño
Cabana 1-2 Volantes
Sofán 2-0 Carnota
Muros 0-2 Castriz
San Lorenzo 1-2 Mazaricos
Cee 1-0 Zas
Buño 3-1 Indep. Carballo
Corme 4-4 Camelle

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4

Muros 1-1 Outes
Fisterra 3-0 Lira
Cee 1-0 Esteirana
Xallas StComba 6-0 Soneira
  • Descansan Mazaricos e Dumbría.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4

Cabana 7-0 Porteño
Laxe 3-7 Baio
Corme 5-0 Ponteceso
Camariñas 3-1 Castriz
Muxía 1-3 Malpica
  • Descansa Coristanco.

División de Honra Cadete, xornada 2

Dumbría 2-1Val Miñor

Liga Galega Infantil, xornada 2

Xallas StComba 0-1 Conxo
Dumbría 1-7 Bertamiráns
Calasanz 1-0Bergantiños


I Copa da Costa Cadete, xornada 2

  • G1: Muros – Cee (3-0) (descansa As Baleas)
  • G2: Baio – Fisterra (3-3) (descansa Esteirana).
  • G3: Zas – Muxía (5-2) (descansa Coristanco).
  • G.4: Cabana – Outes (9-2) (descansa XSC).

- Partido aprazado da Xornada 1: G3: Muxía – Coristanco (0-3).


Liga Infantil, xornada 3

Cee 6-1 Fisterra
Outes 0-7 Os Miudos
Coristanco 3-2 Vimianzo
Baio 1-11 Cabana
Esteirana 5-0 Muxía
Corme 8-3 Sofán
  • Descansa Ponteceso.

Ligas de Veteranos, xornada 2

1ª División

Soneira 2-2 Castriz
San Lorenzo 1-0 Muros
Nantón 0-3 Baio
Ponteceso 4-0 Camariñas
Xv. Bergantiños 2-2 Bértoa
San Román 0-4 Laxe
Zas 4-0 Dumbría
Cabana2-2 Coristanco

2ª División

Poniente 1-4 Corcoesto
Buño 0-0 Leiloio
Sofán 1-0 Porteño
Malpica 5-0 Erbecedo
Dep. Carballo 5-1 Cerqueda
Vimianzo 0-3 Agualada
  • Descansa Milagrosa e Camelle-Corme aprazado para o 06-12.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios