mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Quedamos en terra de ninguén

Preferente: Quedamos en terra de ninguén

Xornada 29 e practicamente rematou a Liga para os 3 equipos costeiros na Preferente. Xallas de Santa Comba e Dumbría perdían case que tódalas opcións de ascenso tras caer ante Carral e Dubra. Mentres o Soneira vencía en Taboada e case se sitúa a altura dos veciños, practicamente safo. Quedan 9 xornadas e moito tempo para pensar na Copa.

Con todo, boa nova para os equipos da Costa na 1ª Autonómica, pois o Dubra era dos poucos que provocarían arrastres no noso grupo.

Taboada - Soneira (0-2)

Baba marcou o segundo en Taboada-Foto- Soenria
  • SONEIRA: Victor, Pichi (Curra, min.85), Michael, Mayuyo, Iván, Bibi (Toni Fisterra, min.80), Mayor, Baba, Richi (Cristian, min.70), Javi (Basti, min.75) e Makaay.
  • Goles: 0-1, min.75: Mayuyo de falta; 0-2, min.80: Baba.

Mellor debut imposible o de Mayu coa camisola do Soneira. O central sacou unha falta de luxo cando apenas faltaban 15 minutos para romper unha igualada que parecía infranqueable. O gol obrigou ao Taboada a estirarse e apareceu Baba para facer o segundo e setenciar o choque.

Un partido que estivo moi igualado, bastante bronco, pero que o Soneira soubo ler, e aproveitar as súas ocasións. 3 puntos que practicamente sentenzan a salvación do cadro de Felipe Candamo, con 36 puntos, e que o deixa a tan só 3 do Dumbría.

Carral - Xallas StComba (2-0)

O XSC en Carral-Foto- XSC
  • XSC: Diego, Guillermo, Jota, Pablo, Rubén, Orlando (Darío, min.75), Jesús (Mon, min.60), Oscarín (Javi Suárez, min.65), Doro, Pablo Baña (Alberto, min.82), Noli.
  • Goles: 1-0, min.25; 2-0, min.90.
  • Lesións: Jesús cunha brecha no pómulo.

Non puido o cadro xalleiro coa súa besta negra particular. Ca caeron o ano pasado na Copa Diputación, na casa na primeira volta, e onte en Carral. I é que os de Corredoira non se souberon adaptar ao campo pequeno, no que o cadro local se amosa moi agresivo, e vai moi ben de cabeza, facendo do xogo aéreo unha gran arma.

E iso que dominaron case todo o choque os xalleiros, moi ben ata o primeiro tanto, que fixo dano e descolocou aos verdes e laranxas. Na segunda foise arriba o XSC, e tivo boas ocasións para empatar. Doro mandaba por riba do longueiro; Darío chutaba fóra e dous remates de Noli que marcharon lambendo o pao. Foron as mellores ocasións dos visitantes que vían como no desconto o cadro local sentenciaba, o que obriga a dicir adeus ao soño do ascenso.

Dumbría - Dubra (0-1)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán (David, min.75), Isma (Luís, min.70), Rudi, Pablo Conde, Aarón López, Jesús (Iago Dosil, min.46), Dani Casal (Pablo Vidal, min.46), Piri, Iago, Bruno (Leo, min.60).
  • Gol: 0-1, min.75: á saída dun córner.

Nada positivo sacou o Dumbría da visita do Dubra. E iso que controlou practicamente todo o encontro e apenas deixou tempo para as ocasións rivais. Pero unha volea espectacular á saída dun córner e xa a 15 do final, permitiou que os santiagueses sacasen 3 puntos que os alonxan do descenso, como dicimos, en todo caso supón unha boa nova para para os equipos costeiros na 1ª.

Foi case que o único tiro a gol dos visitantes en todo o encontro, pero valeu para que o cadro local non sumase. E iso que comezaba apretando, con ata 5 córner consecutivos, e cun tanto anulado incomprensiblemente a Aarón López. Seguiuno intentando o Dumbría por medio de Bruno, o xuvenil recén chegado do Fisterra.

Perdeu o control o Dumbría aí e ata o gol visitante non volveu dominar completamente. Nos últimos 15 minutos tamén tiveron ocasións os de Canosa, como unha de Aarón López e outra de Leo, pero nunca se movería o marcador.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios