Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada no #futboldacosta

Resultados e análise da xornada no #futboldacosta
O Buno parou ao Baio que levaba 18 xornadas sen perder-Foto- Santi Diaz

Nova fin de semana de fútbol da Costa. Unha fin de semana con moito máis que fútbol, como o puideron comprobar na vila do Cristo co desfile das estrellas da SD Fisterra. Pasade a botar un ollo a eses corpazos tras repasar a xornada desta semana que estivo marcada polo sorteo da Copa da Costa 2013, a do 50 aniversario.

E comezamos pola Preferente, con sorte dispar para os nosos. O Xallas de Santa Comba volvía de baleiro de Carral e case que di adeus, se non o fixera xa, a todas as posibilidades de ascenso. Máis do mesmo para o Dumbría tras caer na casa ante o Dubra. O único que nos daba unha alegría era o Soneira cunha gran vitoria en Taboada, cos goles do debutante Mayuyo e Baba. 3 puntos que practicamente rubrican a súa salvación.

Malísima xornada para os nosos na 1ª. Bueno, menos para o Malpica, que ca súa fantástica campaña e sacaba un gran empate en Noia a pesar de rematar con 10. Pero Fisterra, Camariñas e Ponteceso caían. E caían mal, ante rivais directos, como eran o Lamela, Piloño (ambos quedan con 33 puntos) e Villestro (este da liga dos de arriba), quedando os nosos, nos postos pegados ao descenso directo con 30, 29 e 27. O Laro é que marca o descenso directo con 26.

Na Liga da Costa, o Baio perdía onte ante un necesitado Buño tras 18 xornadas sen coñecer a derrota. Pero a Esteirana non aproveitaba o tropezo e non pasaba do empate ante un gran, no deportivo, Corcubión. O Cee si que sacaba tallada de Dumbría e empata a puntos cos baieses na codiciada segunda praza.
Por abaixo, gran vitoria do Outes en Corme, que lle dá un respiro, deixando ao Cabana pegado ao descenso tras caer en Muros. O Mazaricos e o Volantes empataban e quedan tamén en zoa de posibles arrastres, mentres que o Montelouro, practicamente coa mente na 3ª, sacaba un empate a un san Lorenzo cos deberes feitos.

A xornada na 3ª deparaba varias sorpresas. O Independiente queda máis líder e queda con 6 puntos de vantaxe tras aproveitar o descanso do Camelle, e o tropezo do Porteño en Corcoesto tras xogar boa parte do choque con 10.
Na segunda loita tamén houbo novidades. O choque da xornada era o Cerqueda-Soneira B, e a vitoria visitante deixa aos de Jose Ángel cun pé na fase de ascenso. O Cerqueda queda agora inmerso no grupo de aspirantes, empatado con 40 puntos co Ameixenda, que sumaba os puntos do filial fisterrán. Pero non sumaron nin Laxe, que queda a 4 de cerquedáns e ceenses tras caer co Alcaián; nin Baíñas, que facái sufrir ao líder e queda a 5; nin Muxía, que caía co Nantón en casa. Si sumaba o Lira, agora, con 34, e ata o Nantón e o Corcoesto, agora a 10 da 5ª praza, soñan con meterse aí.

Nos Xuvenís case que está todo o peixe vendido, e así o refrendan as goleadas sen sentido. Na Liguilla, ademais da suspensión do Cabana-Malpica, o Xallas de Santa Comba case que rubricaba o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega. Fáltalle un punto na última xornada ou que o Malpica non gañe ao Cabana no choque que se disputará este venres.
Na Copa, con Muros e Soneira eliminados dos Oitavos, só queda agardar polo sorteo. Mentres os equipos seguen "competindo" por quedar o máis alto posible nesta liga sen sentido, na que o Outes no Gr.1 e o Cee no Gr.2 xa son campións.

Cómpre falar tamén da Liga Galega Infantil (a cadete descansaba) pois o Dumbría xa pode respirar tranquilo tras unha nova vitoria. O Bergantiños, mentres, volvía caer e segue de último na Liguilla polo título.

A xornada si que foi importante en Infantís. O empate do Cee en Fisterra deixa ao Xallas de Santa Comba co camiño para celebrar o título.

Ademais, en Veteranos, o Soneira mira en fite o título, tralo tropezo do Castriz ante un potente Coristanco. Son 5 puntos os que os separan e 8 co Cabana.
Na , o Muros recuperaba a senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas e volve afianzar ese 1º posto que tiña case que asegurado. Por detrás, o Laxe aproveitaba o descanso do Corcoesto para quedar a só un punto, e aínda cun partido menos.

Preferente, xornada 29

Taboada 0-2 Soneira
Carral 2-0 Xallas StComba
Dumbría 0-1Dubra

1ª Autonómica, xornada 27

Lamela 2-0 Fisterra
Ponteceso 0-1 Villestro
Camariñas 0-1 Piloño
Noia 0-0 Malpica

2ª Autonómica, xornada 27

Baio 2-3Buño
Dumbría B 1-2 Cee
Montelouro 1-1 San Lorenzo
Esteirana 1-1 Corcubión
Muros 3-1 Cabana
Mazaricos 1-1 Volantes
Sofán 2-0 Carnota
Zas 1-1 Castriz
Corme 1-2 Outes

3ª Autonómica, xornada 27

Xaviña 6-5 Coristanco
Lira 3-1 Castrelo
Muxía 2-3 Nantón
Corcoesto 4-1 Porteño
Alcaián 2-0 Laxe
Indep. Carballo 1-0 Baíñas
Cerqueda 1-2 Soneira B
  • Descansa Camelle.
  • Fisterra B - Ameixenda (0-2)

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9

Ponteceso 6-1 Fisterra
Xallas StComba 3-1 Dumbría
Malpica 21/03 - 18:00* Cabana
    * Susp. polo campo encharcado.

Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9

Camariñas 1-5 Laxe
Outes 10-0 Muxía
Muros 9-0 Baio

Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9

Soneira 2-1 Corme
Esteirana 2-3 Cee
Mazaricos 3-1 Coristanco

Liga Galega Infantil, Playoff Título, xornada 6

Bergantiños 0-3 Val Miñor

Liga Galega Infantil, Playoff Descenso, Gr. Norte B, xornada 6

Negreira 0-1 Dumbría

1ª Cadete, xornada 19

Outes 2-3 Coristanco
Muros 1-2 Muxía
Esteirana 5-1 Ponteceso
Con. de Carnota 2-0 Fisterra
Zas 2-1 Cabana
Porteño 5-2 Baio
Cee 2-1Xallas StComba

1ª Infantil, xornada 23

E.M.F. Vimianzo 1-2Outes
Sofán 1-8 Cabana
Xallas StComba 4-0 Ponteceso
Baio 2-1 Coristanco
Corme 5-3 Muxía
Fisterra 0-0 Cee
Os Miudos 3-3 As Baleas
  • Descansa Esteirana.
  • Fisterra-Cee alteran orde e xogan en Ara Solis.

Ligas de Veteranos, xornada 26

1ª División

Bergantiños 2-2 Ponteceso
Soneira 1-0 Nantón
San Román 5-0 Vimianzo
Coristanco 3-1 Castriz
Zas 1-1 San Lorenzo
Cabana 4-2 Corcubión Vet.
Camariñas 0-1 Xv. Bergantiños
Bértoa - Baio

2ª División

Sofán 3-1 Agualada
Laxe 2-0 Camelle
Muros 5-1 Dep. Carballo
Poniente 1-1 Porteño
Malpica 1-3 Cerqueda
Corme 0-1 Buño
At. Milagrosa 14-2 Leiloio

Liga de Fútbol Sala de Cee

Estes son os resultados da semana:

Liga FS Cee x17+

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios