10 anos despois, a Xunta comezará a traballar no Plan de Conservación dos Penedos
11:04 24/11/18
Non era sen tempo. Pero parece qhe o traballo de colaboracion entre o Concello de Laxe e o de Vimianzo reivindicando a posta en valor dos Penedos de Traba e Pasarela está tendo consecuencias.
Así llo ratificaba a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que lles aseguraba esta mañá a unha expedición costeira formada polo alcalde de Laxe en funcións Ricardo Facal, o Alcalde de Vimianzo, Manolo Antelo, o concelleiro de turismo de Laxe, Xosé M. Pose, e deputada PSDG, Loli Toja.
A Expedición solicitou que se comece a elaborar de xeito inmediato o Plan, e que comecen xa a colaborar nos traballos que están realizando os Concellos en materia de sinalización e limpeza, pois ata o de agora non teñen enviado un só peón.
"O próximo ano os traballos necesarios para elaborar o plan de conservación da paisaxe protexida os penedos de Pasarela e Traba", avanzou a Directora de Patrimonio Natural Belén do Campo, pois o seu departamento impulsará o inicio dos traballos para a redacción deste plan a comezos do ano que vén e tentará fixar canto antes un cronograma cos pasos e trámites a seguir. Xusto 10 anos despois da catalogación como Paisaxe Protexida, cando tiñan que ter comezado ese Plan.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/os-penedos-cobran-vida/ https://quepasanacosta.gal/laxe-e-vimianzo-unense-para-reivindicar-os-penedos-como-moitomaisquepedras/ https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/ Novas relacionadas- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- Lorena Martínez Canosa: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).