2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal

07:11 03/03/18


Declaración BIC
O pasado mes de outubro a Concellería solicitaba a declaración de Ben de Interese Cultural para o Arqueivo Fotográfico Vidal. Un feito que pode significar un gran recoñecemento no eido do patrimonio histórico-cultural e que dende logo sería dun gran impacto mediático e popular. A petición atópase na última fase polo que entre abril e maio o Concello poderá informar da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.Un libro
Así mesmo, o investigador costeiro Xan Fernández Carrera está sendo o encargado de recuperar a vida e obra do fotógrafo no libro “José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”. Un libro que axudará a comprender a relevancia social de Vidal. O libro ten pendente a súa entrada imprenta da Deputación para a súa impresión. Antes do verán será presentado nun acto no revivido Museo do mar de Laxe.
Revindido o Museo do Mar
O Arquivo Vidal servirá para darlle aínda máis vida ao revivido Museo do Mar de Laxe. De feito, o 1º andar do edificio será dedicado exclusivamente á obra do fotógrafo, pois sen esta proposta o Museo non tería entrada na Rede Galega de Museos. A exposición permanente (con visos de ser tamén itinerante) contará cuns equipamentos museísticos de primeira calidade: pantallas tácties, vitrinas de exhibición de cámaras e documentación, bandeirolas informativas, vinilos… E por suposto, 60 cadros con fotos deste arquivo con temática da cultura mariñeirada Costa da Morte.Reláxese: “Primavera Científica e Cultural”
Ademais, o exitoso proxecto de desestacionalización Reláxese (que este marzo está adicado ao viño), centrará a súa atención sobre Vidal. Así, a “Primavera Cultural e Científica” virá marcada pola fotografía histórica.
Novas relacionadas
- Novembro 17: O Museo do Mar cobra vida co programa Reláxese e o novo arquivo Vidal.
- Marzo 18: O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese.
Fonte
- Concello de Laxe.