A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe
Nada, que non hai xeito. Non conseguen as administracións evitar que a area da praia de Laxe invada o paseo marítimo da vila. Así estaba na mesma tarde de onte, e así a volveremos a ter ata que remate o inverno, case con seguridade.
Seguen ameazando dende a oposición coa denuncia a Portos se non acomenten as obras por delito ambiental, pero pasan os meses e non sabemos nada. De feito, xa vai máis dun ano e medio dende que a Xunta crease a Comisión de Seguemento, pero poucsa novidades temos dela.
Segundo varios expertos da zona a solución sería un dique na zona da Besugueira, unha solución que parece demasiado cara para as arcas públicas, que se parchea con retiradas de miles de metros cúbicos de áridos cada certo tempo como solución pasaxeira.
Novas relacionadas
- 14-06-13: O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos:
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-06: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).