Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Laxe propón un verán pirata en verso

Laxe propón un verán pirata en verso

Un verán máis o Concello de Laxe pon en marcha o seu programa cultural, deportivo e de lecer dirixido a todas as idades. Haberá quefaceres para todos os gustos dende poesía ata cursos de vela. Non fallan á cita os habituais, como o Certame da Canción Mariñeira, o Día da Gaita, o Atalajazz ou o Certame de Poesía.

En clave cultural cabe salientar o Certame de poesía Antón Zapata García, que este ano vai cumplir a súa quinta edición. Xa vimos o ano pasado a fermosura e o nivel ddo Solpr Poético, que neste 2011 terá lugar o domingo 21 de agosto nese marco incomparable que é a Praia dos Cristais. O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de agosto e para tal efecto hai que dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello en horario de mañá. Contarán con tres categorías (infantil, xuvenil e adultos) e poden consultar as bases na web do concello de Laxe.

Por outra banda, a cuarta fin de semana deste mes de xullo celebraranse as II Xornadas Temáticas para a mocidade baixo o título de Habelas Hainas. Serán uns días pensados fundamentalmente para os máis pequenos con obradoiros, pasarrúas ou xincanas, sen descoidar a tradicional queimada nocturna no caso dos maiores.

Como novidade, este verán desenvolverase o I Mercado Pirata os días 5, 6 e 7 de agosto, con Talleres de exhibición, artesáns de venda ou espectáculos circenses.

Verán deportivo

No eido deportivo salientan os cursos de surf e vela, ou as saídas ao Aquapark de Cerceda e ao Centro Comercial Marineda City da Coruña, co gallo de levar a cabo unha actividade de karts. No Concello laxense tampouco esquecen o sendeirismo, artellado principalmente para os maiores de sesenta anos e no que se pode descubrir dende o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro ata o Esteiro do Río Anllóns, ademáis das distintas parroquias e puntos de interese de Laxe. A propia organización disporá de medios de transporte, no caso de que sexa necesario desprazarse ata outras zonas, e de refrixerios e provisións para os participantes.

Dende o consistorio lembran que as bibliotecas municipais e a aula de informática están abertas durante o periodo estival en horario matinal. Asemade, a Oficina de Información Turística e o Museo do Mar, no que tamén hai un punto de información, permanecerán abertos.

Programa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios