A Casa da Cultura de Vimianzo acolle un conto fotográfico entre pedras e irmandiños

10:05 15/07/11

A activa A.X. Cherinkas non para. Desta volta, unha vez recuperado o castelo, e en colaboración co Concello de Vimianzo, vén de organizar un conto fotográfico ideado no marco do Asalto ao Castelo 2011. A exposición fotoliteraria seguirá a expoñerse durante os días laborais do verán na Casa de Cultura.
Baixo o título "A lingua do tempo", Xoán Carballo e Luís Miguel Antelo, Míchel, os seus creadores, propoñen unha fusión de dúas artes, fotografía e literatura, a través de dous eixos temáticos: o Asalto e as pedras no Concello de Vimianzo.
Aquí vemos unha das dez fotos de de Xoán Carballo que engloban o Conto Fotográfico. Ademais, a exposición tamén inclúe unha parte literaria da man do polivalente Míchel.
Novas relacionadas
- 10 artesáns da Costa da Morte manteñen vivo o Castelo de Vimianzo.
- Unha Excursión co SEMESCOM polas pedras míticas e cruceiros da Costa da Morte.
- Vimianzo presenta o seu completo programa de actividades para este verán.
- Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).