A formación e as boas relacións entre grupos municipais
08:45 22/06/16
O alcalde socialista de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira, acompañou ao edil do PP Diego Soto na súa graduación
Foi unha cita ben interesante a entrega dos diplomas do FP de Xestión de Empresas Agropecuarias do Centro de Formación Rural de Fonteboa. Alí xuntáronse varios alcaldes para felicitar a alumnos de toda a bisbarra que estudan neste exemplar centro de ensino (seguimos sen explicarnos como é o único da zona con esta perspectiva agropecuaria…).
Estaba o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, ou a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, acompañando a veciños do seu concello no día da súa graduación.
E tamén estaba o alcalde de Laxe, o socialista José Manuel Mouzo Castiñeira, invitado por un alumno algo especial. Diego Soto é Concelleiro do PP en Laxe, e pediulle ao seu alcalde que estivese no acto, como mostra de boa colaboración entre grupos municipais.
Un bo xesto, dende logo, polas dúas partes, que demostra que a vida política municipal non quen por que ser unha batalla. Non quere dicir que as relacións entre os dous grupos, a nivel político, sexan marabillosas, pero pon ás claras que o que pasa no salón de plenos, non debe saír da Casa do Concello.
O gran problema de Laxe
”Non é mala a relación co grupo municipa do PP”, recoñecen dende o grupo de goberno, “pero gustaríanos que o PP local apoiase en temas importantes para facer presión á Xunta, como o tema do porto”. Segue a ser o problema dos áridos o gran cabalo de batalla de Laxe, e a cousa non parece que mellore. “A praia xa parece unha selva, hai máis herba e xa non son dunas, son montañas. O paseo está cada vez máis invadido… o impacto é máis grande cada día”. ”En febreiro prometeron que o dragado, que era só un parche, estaría en primavera, e aínda non sabemos nada”, lamenta a concelleira Loli Toja, que lembra que foron “plantados” a escasa unha hora dunha reunión con portos. O malestar do grupo socialista coa Xuntaé claro. En todo caso, parece que as relacións son relativamente cordiais, con comunicación tamén co BNG, intentando dende o grupo de goberno ser o máis transparentes e dando información sobre a situación económica e a elevada débeda do concello.Novas relacionadas
- 11-02-16: En Laxe esixen moito mais que a dragaxe do porto.
- 10-02-16: Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe.
- Setembro 2015: O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 29-08-14: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- 06-02-14: O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe.
- 13-11-13: A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe.
- 14-06-13: O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos:
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-12: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 04-06-12: Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos.
- 04-04-12: O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 03-03-12: O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa.
- 06-02-11: O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte.
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).