Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O alcalde de Laxe tomou posesión como Deputado Provincial ante as críticas da oposición

Jose Luis Perez Anon alcalde de Laxe
O alcalde de Laxe tomou posesión como Deputado Provincial ante as críticas da oposición

O alcalde de Laxe José Luís Pérez Añón tomou posesión este pasado venres da súa acta como deputado para estes dous últimos anos. Añón toma o relevo do rexedor cabanés José Muíño, no marco dun acordo xa asinado ao comezo da lexislatura provincial.

Unha situación que provocará que “se vexa mermado aínda máis o seu tempo de dedicación ao Concello”, segundo denuncia o BNG, unha vez que o rexedor xa está agora a media xornada (con dedicación parcial), unha vez que segue traballando no seu posto no Centro de Saúde ata as 11:00h.

Ademais, agora terá que ir cada mes aos plenos, así como ás Comisións das que será membro.

Comentarios