Luns. 29.04.2024
El tiempo

Analizan o peche ao tráfico rodado do porto de Laxe

20240403 conselleiro encontro alcalde e confraría Laxe 4
Analizan o peche ao tráfico rodado do porto de Laxe

Importante reunión a mantida onte en Laxe, á que acodiu conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. Foi recibido polo alcalde de Laxe, Francisco Charlín Oróns, mariscador e mariñeiro, e polo patrón maior da confraría de pescadores Santa María da Atalaia, Luís Suena Amigo.

Nesta reunión abordáronse as necesidades dos profesionais do pósito en materia de infraestruturas portuarias. Unha das demandas máis importante que manifestaron foi o peche do tráfico rodado. Certo que o porto é un dos aparcadoiros máis utilizados na vila, pero tamén entorpece en horario laboral o traballo dos profesionais do mar. A confraría tamén pediu melloras na sinalización horizontal, e trasladaron a súa preocupación pola ocupación de distintas naves.

Sobre os investimentos por executar este ano os responsables da Xunta trasladaron a renovación do pavimento portuario, ao que se destinarán 45.000 euros, e a instalación de iluminación led na que se investirán, unha vez culmine o proceso de licitación do contrato global para 26 dársenas autonómicas, de 103.000 euros que permitirán a instalación de 43 luminarias e o correspondente sistema de telexestión.

Comentarios