Andaina polos Penedos: Moito máis que pedras


Continúan en marcha o programa de Andainas “Coñece a Costa da Morte 2015”. Despois de percorrer Cee e Muxía, toca coñecer de preto Vimianzo, e nesta 3ª andaina teremos a ocasión de visitar os Penedos de Pasarela. A ruta é lineal polo que haberá desprazadamento ao punto de partida en autobús, tomando como punto de partida a Praza do Concello ás 9:30h.
Falamos dunha zona declarada como Paisaxe Protexida no 2009 (a única da Costa da Morte) despois do gran traballo do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, que ten ata realizado un fermoso dvd documental. Así e todo a zona está bastante abandonada a pesar das peticións municipais.
Unha ruta de 11 km

Son 11 km de rutas que nacen na estrada de Braño-Traba a 50m do cruce de Pasarela. Despois da subida inicial chegarase ata a zona da Pedra Forcada, dende onde ser poderá contemplar unha serie de rochas antropomorfas que lembran formas de animais e persoas, como as chamadas “A Esfinxe”, ou ”a dama da Costa da Morte”. A ruta continúa dirección a Pasarela para visitar a zona da Cachuda, onde destacan as pedras coñecidas como “O Cantor”, a “Multiforme” ou o “O Coello e o paiaso triste”.
E unha vez rematada, volverase ata a casa da cultura onde haberá autobueses para ir á volta.

Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: Os penedos de Traba e Pasarela.
- Agosto 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Lorena Martínez Canosa: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- O Seminario de Estudos Comarcais salva os Penedos.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela, unha paraxe de cine.
- 2008: Medio Ambiente protexe os Penedos de Traba e Pasarela.
Fonte
Novas relacionadas
- Muros tamén se pon a andar.
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- En marcha as Andainas 2015.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).