Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros

Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
Un milleiro de trasnsos na 5 edicion do Camino dos Faros-Foto-Eduardo Verdes

1026 trasnos iniciaron en Malpica este pasado domingo a 5ª edición de O Camiño dos Faros. Aí é nada, demostrando o poder de convocatoria da natureza salvaxe da Costa da Morte.

Unha 5ª edición que nace coa necesidade de seguir espallando este tesouro natural, pero que afonda concretamente na necesidade de convertila nunha Ruta de Gran Percorrido GR. Aínda están pendente a Asociación de varios apoios públicos necesarios, pero toca confiar na responsabilidade das administracións pertintentes para esta iniciativa civil, sen señas nin cores, que só pretende poñer en valor a beleza do noso litoral e servir de impulso económico ao sector turístico de toda a comarca.

Un milleiro de trasn@os, chegados de máis de 100 concellos de toda Galicia, así o demostraron, i é que xuntar a tanta xente na Costa da Morte non é nada doado (sen contar as festas e o fútbol), e se é para simplemente andar, non digamos. Sen embargo, para Traski é "unha evolución normal, previsible", pois este Camiño cada vez é máis e máis coñecido.

Percorreron o litoral entre o porto de Malpica, onde case non cabían, e Niñóns, xa en Ponteceso. Unha beleza que abríu bocas, que non deixou a ninguén como estaba, que deixou cartos por todos os establecimentos da zona, e que, sobre todo, fará que centos de trasn@s volvan por estas terras.

Moitos foron “Traskinovatos encantados de unirnos a esta aventura”, que valoran os “tramos duros pero sempre con vistas impresionantes e 'aireadas' de ánimos”, e que aseguran que volverán!

Os transos non cabian no porto de Malpica-Foto-Eduardo Verdes

Seguen necesitando apoio estes transos para estas citas (aínda quedan 7 etapas, cada 2 domingos, para chegar a Fisterra) e buscan voluntarios na organización de cada etapa. Ademais tamén están armando unha curta sobre o Camiño. Alguén se anima a facer unha documental? Porque material hai abondo…

Polo de pronto, e para comprobar o que implica, revisen estes 12 minutos de vídeo, con trasn@s e trasn@s pasando polo paseo de Malpica. Menuda marea verde!!

Máis información

Novas relacionadas

Novas sobre o Camiño dos Faros

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios