Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Antía Ameixeiras ponse ás ordes de Carlos Núñez na xira por EEUU

Antía Ameixeiras ponse ás ordes de Carlos Núñez na xira por EEUU

A canteira musical da Costa da Morte segue medrando. Hoxe, coñecemos con alegría que a laxense Antía Ameixeiras é a gañadora da Bolsa de Excelencia Artística convocada por Afundación e ABANCA Obra Social e dirixida por Carlos Núñez. Un premio que consiste en acompañar o afamado músico e a súa banda na súa xira estadounidense de 2015.

Repasando a Antía

Antía Ameixeiras Cundins naceu en Laxe hai 21 anos e está en contacto co mundo da música desde os cinco, cando se iniciou no baile e a pandeireta tradicional; no Conservatorio Profesional de Carballo estudou percusión durante cinco anos e violín durante 10. Actualmente cursa Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela, estudos que compaxina con proxectos musicais con Central Folque, Tentemozo de Cempés ou Galiza de Kepa Junquera (subindo mesmo ao escenario da Carballeira de Zas) e como integrante da banda folk Samarúas.

No ámbito internacional, a súa estancia en Praga como estudante Erasmus permítelle entrar en contacto con outras músicas do mundo, guiada pola súa profesora de violín, a escocesa Kate Young, intégrase no proxecto da orquestra UmeEuropa e actúa en Suecia no festival Umefolk; incorpórase tamén ao espectáculo que comparten o acordeonista esloveno Matija Solce e o cantante indio Mahesh Vinayakram, incorporando a el a música tradicional galega. Ademais, o seu interese pola música latinoamericana tamén a leva a participar no Ensemble Transatlántico de música chilena, dirixido por Ernesto Calderón.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios