Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arrincan as obras que sepultarán o Castro tapado de Laxe

Arrincan as obras que sepultarán o Castro tapado de Laxe
Castro tapado de Laxe

Xa falabamos sobre el aló polo 2010, pero o Castro tapado de Laxe parece que non se vai salvar do asfalto. “O futuro do castro de Castrelo é vivir baixo unha ponte”, denuncia Contramínate Laxe, que informa de que as obras da estrada AC 433 que une a Ponte do Porto e Laxe comenzaron este pasado luns 3 de novembro.

A entrada singular deste castro co chan de laxas, “este tesouro celta”, “desaparecerá sepultada baixo as obras da futura estrada AC 433”, “por decisión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración con Patrimonio”, denuncian, se ben valoran que “un grupo de arqueólogos estuda como minimizar a catástrofe neste xacemento en gran parte enterrado, que agarda desde hai séculos tempos mellores na humanidade”.

Non entende pois a acción que ten previsto Patrimonio para “poñer en valor” o castro de Laxe, pois “por un lado están sepultando o castro coa estrada e por outro queren destapalo para estudalo e logo deixalo abandonado (iso seguro) á intemperie e deteriorándose, cando xa existe a menos de 50 metros, a estrada de sempre, que ben vale para que pasen coches…”, comenta un veciño afectado polas expropiacións para o trazado desta futura estrada.

Para Contramínate, “a solución máis sinxela e máis coherente sería que a estrada se mantivese no trazado actual, o da AC 433, que non prexudica a ninguén e ten ancho de sobra, pero vai saber por que a Xunta de Galicia opta pola solución máis complicada e cun custe desaforado”.

Por todo isto, Contramínate chama a “unha resposta veciñal ante semellante atentado contra o patrimonio arqueolóxico do noso Concello”. A entidade está estudando a posibilidade de realizar unha denuncia, poñerse a recoller sinaturas...

Novas relacionadas

Fonte

  • Contramínate Laxe.

Comentarios