As veciñas de Laxe cociñan un pouco máis saudable

07:55 13/11/12

E dicimos veciñas pois eran todas mulleres as 15 asisitentes ao novo obradoiro de cociña saudable en Laxe que organizou a Asesora nutricional Noa Vázquez Rendal a pasada semana en Laxe.
Aí a vemos, preicisamente a Noa coas mans nas algas, que non na masa, para dar das novas e alternativas propostas que lles amosou ás veciñas.
Como ela mesma nos conta o obradoiro tivo moito éxito, cubríronse as prazas e o máis importante, as as alumnas quedaron moi contentas desexando que chegue o seguinte. A propia Noa destaca que as 3 horas pasaron voando e que as alumnas estiveron moi participativas.
Máis cursos
Non quedan aquí as citas saudables. Cada mes Noa vai organizar un con diferentes temáticas:
- 13-12-12: Alimentación para a saúde cardiovascular.
- 10-01-13: Alimentación en problemas reumáticos e osteoporose.
- 07-02-13: Alimentación en sobrepeso e obesidade.
- 07-03-13: Alimentación contra o cancro.
- 11-04-13: Alimentación neuroprotectora e antienvellecemento prematuro.
- 09-05-13: Tóxicos na alimentación.
- 06-06-13: Alimentación depurativa e revitalizante.
Máis información e inscricións
- Lugar: Alquimia, centro de terapias. Rúa Villa Amparo 5, baixo. Laxe.
- Hora: de 18:00 a 21:00.
- Prezo: 12 euros por obradoiro.
- Información e reservas: 656397297, noanoinha@hotmail.com ou en Alquimia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).