Martes. 11.08.2020
El tiempo

Laxe vólcase ca nutrición saudable

Laxe vólcase ca nutrición saudable
Nutrición saudable

A nutrición saudable é un concepto que aínda ten moito camiño por percorrer nunha Costa da Morte acostumada á cociña tradicional. E nese camiño a Asesora nutricional, Noa Vázquez Rendal está a desenvolver unha serie de obradoiros no centro de terapias Alquimia, situado en Laxe.

I é que como comenta Noa, "hoxe en día, algunhas das enfermidades máis comúns e perxudiciais están directamente relacionadas coa nosa forma de alimentarnos". Así, "este ciclo de obradoiros pretende ensinar a comer de xeito adecuado para previr estes, e outros, problemas de saúde e tamén aportar consellos útiles sobre cómo mellorar a dieta no caso de padecer xa alguna destas enfermidades".

Xa están en marcha a serie de obradoiros de alimentación saudable para distintas enfermidades. Haberá un ao mes, nos que haberá unha parte teórica e unha práctica na que cociñaremos receitas moi moi saudables. O primeiro será xoves 8 de novembro e tratará os "Aspectos xerais nunha alimentación saudable".

Pero en total son 8 os cursos que están prantexados para os vindeiros meses.

  • 08-11-12: Aspectos xerais nunha alimentación saudable.
  • 13-12-12: Alimentación para a saúde cardiovascular.
  • 10-01-13: Alimentación en problemas reumáticos e osteoporose.
  • 07-02-13: Alimentación en sobrepeso e obesidade.
  • 07-03-13: Alimentación contra o cancro.
  • 11-04-13: Alimentación neuroprotectora e antienvellecemento prematuro.
  • 09-05-13: Tóxicos na alimentación.
  • 06-06-13: Alimentación depurativa e revitalizante.

Máis información e inscricións

  • Lugar: Alquimia, centro de terapias. Rúa Villa Amparo 5, baixo. Laxe.
  • Hora: de 18:00 a 21:00.
  • Prezo: 12 euros por obradoiro.
  • Información e reservas: 656397297, [email protected] ou en Alquimia.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    comentarios