luns. 04.05.2026
El tiempo

A Asociación de Veciños de Serantes reúne a preto de cen persoas no tradicional churrasco do Día do Socio

Cocido de Serantes-laxe
A Asociación de Veciños de Serantes reúne a preto de cen persoas no tradicional churrasco do Día do Socio

Serantes volveu vivir esta fin de semana unha das citas máis agardadas do calendario veciñal coa celebración do tradicional churrasco do Día do Socio, organizado pola Asociación de Veciños de Serantes, nun encontro que reuniu a preto de cen persoas entre socios, familiares e veciñanza.

A xornada desenvolveuse nun ambiente de convivencia, amizade e celebración, consolidando unha vez máis esta cita anual como un dos momentos máis especiais para fortalecer os lazos entre xeracións e seguir facendo comunidade.

Durante a comida, os asistentes puideron compartir mesa, conversacións e lembranzas nun ambiente distendido, no que non faltou a boa man dos churrasqueiroa e sobre todo, as ganas de desfrutar dunha xornada de encontro entre veciños e veciñas.

Desde a Asociación de Veciños de Serantes quixeron agradecer a participación de todas as persoas asistentes, así como a colaboración de todas aquelas persoas que fixeron posible a organización deste evento, destacando a importancia de seguir promovendo actividades que manteñan vivo o espírito asociativo e a unión da parroquia.

A elevada participación deste ano, con case un cento de asistentes, confirma o bo momento que vive a entidade e o compromiso da veciñanza por seguir apoiando este tipo de iniciativas que contribúen a dinamizar a vida social e cultural de Serantes.

Comentarios