Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Avoas de Laxe plantan a semente da igualdade, “seguras que vai florecer”

Avoas de Laxe Teatro
As Avoas de Laxe plantan a semente da igualdade, “seguras que vai florecer”

Este domingo pechan un marzo cheo de acción. Estiveron, cal artistas profesionais, por Santiago, Cee, Laxe ou Carballo. Este domingo, ás 18:00h, rematan a xira de marzo en Cabana, cunha nova representación de “Facede o favor… pensade”.

Son as “Avoas de Laxe”. Son Mercedes Novoa, Matilde Fraguela, José Novoa, Carmen Cousilla, Carmen Lema, Adrián Facal, Matilde Suárez, Mari Carmen Correa, Paula Pose e Antón Carracedo. Xuntas están levando por toda Galicia esta singular obra de teatro sobre igualdade, machismo, o Efecto Matilda, o paternalismo… enfocada a fomentar o empoderamento das mulleres.

Co guión de Loli Toja (ex parlamentaria socialista e agora mestra no IES de Vimianzo), e dirixidas por Matilde Montáns, triunfaron no Máster de Igualdade e Xénero da USC e no mesmo IES Terra de Soneira plantando a semente da igualdade a través da súa mensaxe, seguras que vai florecer. Pero máis intenso e íntimo foi aínda foi o que protagonizaron na residencia de Maiores da Xunta de Carballo, onde a tenrura entre protagonistas e público foi espectacular.

Avoas de Laxe na residencia de maiores de Carballo
As Avoas de Laxe na residencia de maiores de Carballo

A propia Matilde Montáns cóntanos como soben ao escenario, cheas de ilusión, con gañas de divertirse:

  • QPC: “Que lles aporta todo isto do teatro a estas bravas mulleres?"

Apórtalles moitísima diversión, rimos moito nos ensaios, e nos preparativos das actuacións, son un grupo divertidísimo, fan cada festa antes!!! Moi bailóns, mantéñense activas, melloran a memoría, están centradas en aprender o papel e olvidan otras preocupacións. É moi recomendable esta actividade.

  • QPC: Como foi a reacción do alumnado da Universidade ou dos IES? E co público máis maior?

Moi distinta, tamen é certo que para a universidade preparamos unha introdución más seria, explicando o concepto do feminismo. Acolléronnos moi ben e recordo unha frase: "canto temos que aprender destas mulleres tan empoderadas”.
No IES foi moi divertido, o público é mais noviño, explotamos máis a comedia, o humor.
Na Residencia de Carballo foi precioso. Cóntovos unha anécdota: cando unha avoa se vestiu de doutora para actuar, unha residente preguntoulle si lle podía tomar a tensión.
En xeral, acóllennos de marabilla, creo que ao ver a xente madura, ríndose de si mesmos, cantando, bailando, plantando a semente do feminismo é un bo exemplo para as novas xeracións.

Avoas de Laxe en Cabana

Comentarios