Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe pide un plan para evitar o caos de tráfico que sofre a vila

Aparcamento en Laxe
En verán os visitantes fan o "aparca onde poidas"
O BNG de Laxe pide un plan para evitar o caos de tráfico que sofre a vila

Cada verán as rúas de Laxe seguen sufrindo o caos de tráfico provocado pola invasión dos turistas e retornados que aparcan onde ben poden. Zonas como a de acceso á praia dos Cristais (Real, Besugueira, Agra de Abaixo e Camiño da Ínsua) convírtense nun verdadeiro “coñazo”, xa se ten intentado controlar o tráfico sen abrir un aparcadoiro previo.

Aparcamento en Laxe na praia dos cristais
A zona da praia dos Cristais precisa unha ordenación

Para intentar evitar esta epiterna situación, o BNG xa levara en 2013 un Plan de Tráfico do Casco Urbano ao Pleno. A pesar de terse aprobado, poicas medidas se levaron a cabo polo que este vindeiro 29 de setembro o grupo da oposición volverá levar unha nova proposta co seu Plan.

A Praza do Mercado segue a ser un lygar conflitivo por non terse habilitado unha zona clara de carga e descarga; a Besugueira, Alfredo Brañas, algúns tramos da Rúa da Ínsua, Vista Alegre, Dúas Plazuelas, Agra de Abaixo, Campo e outras deberían ser de sentido único para o BNG. E cren necesaria a peonalización de Rosalía de Castro e a construción dun acceso circunvalando o casco urbán para o peirao.

”A ordenación sensata do tráfico no casco urbán pasa por pintar en todo este as prazas de aparcamento no chan e só nelas estaría permitido aparcar e conveniar cunha empresa a retirada dos vehículos mal estacionados nas rúas”. Ademais, piden revisar o censo de vados.

O grupo lembra que sería necesaria tamén “a retirada das dunas da parte baixa do paseo marítimo e a ampliación e humanización do mesmo cunha gran zona de aparcamentos”.

Comentarios