Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta afirma que a dragaxe do porto de Laxe rematará en outubro pero non clarexa a problemática dos áridos

Dragaxe no porto de Laxe
A Xunta afirma que a dragaxe do porto de Laxe rematará en outubro pero non clarexa a problemática dos áridos

Despois dun verán de voaduras, as obras da dragaxe do porto de Laxe rematarán en outubro. Así lle respondeu a Xunta ao BNG tras unha pregunta escrita ao Parlamento sobre “as solucións acerca dos problemas de correntes no porto de Laxe”.

A Xunta recoñece que a “A dragaxe do porto de Laxe é unha das obras de maior complexidade das executadas por Portos de Galicia dadas as condicións propias do porto e as distintas figuras de protección ambiental vixentes na contorna na que se actúa ou á que pode existir algún tipo de afectación”.

Os áridos?

Para o BNG de Laxe esta resposta resulta “insuficiente, posto que non contestan en ningún momento ao resto de preguntas da iniciativa, sobre todo no que respecta á retirada de area e dunas da parte baixa do paseo”. Espera que o asunto se debata con máis profundidade este martes 6 de setembro, a partir das 10,00h, ao debate da Proposición Non de Lei, na Comisión 8ª. Pose Lema espera, ademais, que a Xunta anuncie a retirada da cantidade de area acumulada, provocada pola obra de ampliación do dique, como así xa recoñecera Portos de Galicia nun informe remitido á Fiscalía Delegada de Medio Ambiente de Galiza a instancias dunha denuncia na mesma do BNG de Laxe; co permiso do Estado xa conta, como así aparece na derradeira resposta do Goberno Central no Congreso a unha pregunta feita polo noso deputado Néstor Rego; polo tanto estaremos expectantes”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios