Luns. 06.05.2024
El tiempo

O BNG de Laxe propón rehabilitar a vella Casa do Mar para convertela nu centro social

FOTO CANDIDATURA LAXE ANTE A CASA DO MAR 1
O candidato á Alcaldía, Xosé Manuel Pose, e as candidatas Isabel Toja, Elena Cousillas e Emma Paz ante o edificio da vella Casa do Mar.
O BNG de Laxe propón rehabilitar a vella Casa do Mar para convertela nu centro social

No marco das eleccións, o BNG de Laxe vén de lanzar unha nova promesa electoral: rehabilitar a vella Casa do Mar para convertela nun centro social multiusos, pensado como un lugar de encontro, socialización e ocio da veciñanza, en particular das persoas maiores e da xente moza, que a día de hoxe non teñen un espazo público no que poder reunirse.

“En Laxe o veciños e as veciñas non teñen un lugar de encontro onde organizar actividades de lecer, de ocio, un lugar no que reunirse, para quedar e falar, para compartir ideas, xogos, botar unha partida, cultura, ou simplemente para divertirse e pasar tempo xuntos e xuntas.

A vella Casa do Mar, explica Vázquez, é un edificio de tres plantas en pleno casco urbano, pero sen uso desde fai anos e totalmente desaproveitado, “un edificio que queremos recuperar e poñer ao servizo da veciñanza”.
O BNG abordará esta iniciativa coa Confraría, actual propietaria do edificio, toda vez que lles foi cedido polo Instituto Social da Mariña (ISM) despois de que o inmoble perdese o seu uso como casa do mar.

NOVAS DAS ELECCIÓNS

NOVAS DO BNG

Comentarios