O BNG propón peonizar a rúa Real de Laxe

07:29 24/01/22
Toca negociar as obras do Plan de Obras de Servizos da Deputación, e dende o BNG de Laxe, Xosé Manuel Pose, fai as súas propostas ao pleno. As obras que propón son as seguintes:
- 1. Arranxo do camiño municipal que vai desde o Campo da Torre ata a estrada CP-4001 e que atravesa o corazón do complexo A Torre de Laxe, “un dos negocios insignia do turismo do noso concello”, que se atopa nun estado máis que lamentable, e que tantos trastornos causa aos responsables do complexo posto que cando chove a auga arrastra unha gran cantidade de terra e pedras.
- 2. Peonalización e pavimentación en pedra da Rúa Real desde a Casa do Arco ata a Igrexa.
- 3. Arranxo da pista que vai desde Sucasas ata a Arantiña e que mide aproximadamente 2 km e medio.
- 4. Arranxo da pista que vai desde a casa de María do Plateiro ao prado dos tellos en Mórdomo e que mide máis de 2 km.