Venres. 03.05.2024
El tiempo

Unha persoa falecida ao caer un coche ao mar no porto de Laxe

Coche ao mar no porto de Laxe grande
Unha persoa falecida ao caer un coche ao mar no porto de Laxe

Esta mañá de luns amence con traxedia en Laxe. Un coche caía ao mar arredor das 9:30h, preto do peirao.

Finalmente, as forzas de seguridade atoparon no interior do vehículo o corpo sen vida dunha persoa, ao parece, un veciño de Serantes duns 60 anos. A vítima, único ocupante do coche caído, foi sacada da auga por un mergullador que se atopaba na zona extraendo navalla, pero faleceu cando era evacuado para recibir asistencia médica.

Ao lugar acodiron  Bombeiros de Carballo, 061, Ges de Ponteceso, Protección Civil, Policía Local, COS; Sasemar, Gardacostas e axentes de Portos de Galicia.

Comentarios