Venres. 03.05.2024
El tiempo

Convocada a 17ª edición do certame de poesía Antón Zapata

SOlpor Poetico Laxe entrega premios Anton Zapata
Imaxe da entrega do certame o ano pasado no marco do Solpor Poético
Convocada a 17ª edición do certame de poesía Antón Zapata

O Concello de Laxe convoca a 17ª edición do certame de poesía Antón Zapata García co obxectivo de aproximar a figura do escritor á veciñanza ao tempo que
se promove a creación literaria na súa vertente poética.
O prazo de presentación das obras será desde hoxe, 21 de xullo, ata o 18 de agosto, coa entrega de premios prevista, coma sempre, para o sábado 26 de agosto durante o 17º Solpor Poético que se celebrará na praia dos Cristais.

LAXE_Cartel certame poesía Antón Zapata 2023

Haberá tres categorías de participación: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (dos 12 aos 25 anos) e adulta (a partir dos 26 anos). Haberá tres premios de 100 euros para consumir en material de lectura/escritura.
A obra deberá ser orixinal, inédita e non premiada; ademais de estar presentada en formato DIN A4 e cunha extensión entre os 20 e os 150 versos. Preferentemente o texto estará escrito en galego e cada traballo contará cun título e a firma do pseudónimo do autor ou autora.

As persoas interesadas en participar no concurso poderán entregar os seus traballo a través de tres canles: telemática (web municipal), presencial (Casa do Concello, de 9 a 13 horas) ou por correo postal (Avda. Cesáreo Pondal, 26, 15177 - Laxe).

 

Comentarios