Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Convocan unha manifestación motorizada en Laxe contra o caos de tráfico

concentracion motorizada en laxe
Convocan unha manifestación motorizada en Laxe contra o caos de tráfico

Laxe, coa meirande parte das vilas da comarca, convírtese nun verdadeiro caos de tráfico cada mes de agosto. Certo que a oposición leva meses alertando conta o caos circulatorio, pero nada se ten feito para intentar mellorar a situación.
De feito, no último pleno ordinario, presentáronse mocións tanto urxentes como ordinarias por parte de Unidas Podemos como do PSOE sobre a materia. Todas elas foron rechazadas polo equipo de goberno do PP que preside José Luis Pérez Añón, aínda levandoo en sucesivas ocasións no seu programa electoral e sendo conscientes da aglomeración de vehículos en época estival pero non coherentes coas súas propostas.

Así, o grupo de Unidas Podemos co apoio do PSOE convocan unha manifestación automobilística en Laxe por un Plan de Tráfico integral.

A cita celebrarase o vindeiro domingo 13 de agosto, á que están chamados os grupos políticos como a veciñanza en xeral, reclama un plan racional con medidas para o benestar dos veciños, así como o estricto cumprimento da ordenanza municipal nesta materia. "Non queremos un Laxe así, nin para a nosa xente nin para os de fóra", sinalan dende o grupo de Unidas Podemos.

A saída será dende o CPI Cabo da Area ás 12 do mediodía e percorrerá a vila ata o porto e volta.

Comentarios