Denuncian o mal estado do Paseo Marítimo de Laxe
09:30 27/12/22
O grupo de Podemos Laxe vén de trasladar as queixas da veciñanza polo mal estado do paseo marítimo de Laxe. O grupo fai especial fincapé en que na primeira fase do mesmo, do total de árbores plantadas, só subsisten o 45% das mesmas.
O grupo denuncia que nestes 35 anos de idade, diversas alcaldías foron talando numerosas especies pero nunca foi ningunha delas reemprazada. “O paseo é un dos lugares de esparcemento e lecer da nosa vila ó aire libre e merece un plan de axardinamento como merecemos”, sinala o candidato Fernando del Moral.
O grupo propuxo un Plan de Tráfico para poñer varias rúas só en sentido único.