Desaparece un home na praia de Traba
09:40 23/08/11
Un home de orixe neozelandesa desapareceu a primeira hora da noite de onte na praia laxense de Traba. Estaba acompañado da súa parella, á que lle dixo que ía bañarse. A muller quedou a ler un libro no areal, pero ao perderlle a pista decidiu chamar aos servizos de emerxencia.
No dispositivo de búsqueda participaron a Garda Civil, Protección Civil de Laxe, e efectivos de Salvamento Marítimo, tanto por mar como por aire.
Coa caída da noite, a búsqueda interrumpiuse, xa a altas horas, e vén de retomarse pola mañá. Polo de agora non hai ningún tipo de indicios sobre o paradeiro do desaparecido.
Novas relacionadas
- Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación.
- Atopado o corpo sen vida dun mergullador en Muros.
- Un mozo de Vimianzo aparece morto na súa cama.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])